CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

martes, 30 de abril de 2019

Visita de Héctor Cajaraville - 4º PRIMARIA


O luns, 29 de abril, recibimos a visita de Héctor Cajaraville, autor de "Quen dá a quenda?" Foi realmente interesante coñecer á persoa que escribiu as historias que estivemos lendo ao longo do curso. 

Puidemos saber, da man do autor, a orixe da intrigante bruxa Divina, así como saber as claves do proceso de creación dun libro. Aínda que pareza incrible, os elementos inspiradores poden ser ás veces do máis inesperados e cotiás...
Contounos ademáis aspectos interesantes da vida de Antón Fraguas, autor conmemorado nas Letras Galegas deste ano, e deunos esperanzas dunha posible segunda parte con máis sorpresas e información de Divina, a nosa bruxa favorita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario