CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

martes, 30 de abril de 2019

VISITA DA PROTECTORA 2º PRIMARIA

O luns 29 de abril viñeron ao colexio Gloria e Pili, voluntarias da Protectora de Animais: "OS PALLEIROS" e trouxeron a Triana, unha cadela Pitbull que recolleron na rúa moi ferida.
Primeiro ensináronnos un video dos cans que teñen no refuxio: Edu, Bomber, Iniesta, Ariel, Pecas...
Explicáronnos que recollen os cans abandoados, cóidanos e intentan que os adopten.
Esináronnos como debíamos acercarnos aos cans e como coidalos (vacinalos, sacalos a pasear, darlle de comer penso...)
Poidemos acariñar a Triana e darlle algunha lambetada, é moi boa, mansa e cariñosa, incluso se quedaba durmida de pé, foi moi gracioso!
Encantounos o que fan polos cans!
(Nenos e nenas de 2º)

Ningún comentario:

Publicar un comentario