CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 23 de maio de 2019

ANTÓN VOLVE PARA FALARNOS DE BECHOS (6ºPRIMARIA)

O mércores 16 fomos ao laboratorio. Alí estaban Antón e Jose para falarnos dos bechos que hai na terra. Díxonos que en ralidade non sabemos casi nada de eles. Antón mandou ir coller terra a Rocío, Bilal e Héctor. 
Mentres non viñan nós falamos do microscopio e da lupa binocular. Cando viñeron buscamos na terra algúns bechos, eran miñocas, formigas e bechos bola. 
Logo vimos coa lupa algúns  deses bechos  e tamén co microspio. 
                                                                             Ayman e Morena (6ºA)

martes, 14 de maio de 2019

INFANTIL NA GRANXA ESCOLA "KIRIKO"

REVIEWING VERBS IN 6TH GRADE

Revisando os verbos con 6º de primaria.

luns, 13 de maio de 2019

5º PRIMARIA COA COMPOSTAXE


Despois da charla explicativa sobre a compostaxe que tivemos o 25 de abril, 
o día 3 de maio volveu o profesor, veciño e amigo Antón Lois para poñer en marcha un composteiro no noso colexio.
Para rematar coa actividade o luns 13 tivemos unha sesión de laboratorio QUEN VIVE AHÍ? onde descubrimos a vida interior do compostreiro identificando os bechos que alí viven e participan na realización dun bo compost.

venres, 10 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019 ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS

O día das Letras Galegas
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.
A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro. (Seminario Galán)
O escritor homenaxeado este ano é ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS. 
Pinchando na imaxe accederás á súa biografía.