CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

venres, 27 de abril de 2018

TRABALLOS DE ABRIL DE 4ºB

VISITA DE MARÍA CANOSA



Os alumn@s de 4º de Primaria recibimos á escritora María Canosa e amosámoslle os nosos traballos.
A charla resultou moi amena e interesante.
Grazas María!

xoves, 26 de abril de 2018

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5ºA EXPERIMENTAMOS COA MATERIA

A semana pasada, as nosas compañeiras Andrea e Judith, trouxeron á clase dous experimentos, como boas científicas que son.
En primeiro lugar, Andrea amosounos un volcán moi ben feito, co efecto da terra e herba incluído. Ao mesturar vinagre con bicarbonato prodúcese unha reacción que, xunto cun toque de colorante vermello, semella un volcán en erupción. QUE CHULO !!!

Por outra parte Judith amosounos o que acontece cando prendes unha vela sobre un plato con auga e o tapamos cun vaso. Querédelo ver? Pois poñede o vídeo e tede un pouco de paciencia, tarda un pouco pero o resultado paga a pena.

mércores, 25 de abril de 2018

martes, 24 de abril de 2018

LEONARDO E OS FONTANEIROS

O MARTES 24 DE ABRIL O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA E 1º DA ESO, ASÍ COMO DO CPI TOURAL DE VILABOA, ASISTIMOS Á REPRESENTACIÓN TEATRAL QUE A COMPAÑÍA UBÚ TEATRO FIXO, NO MULTIUSOS DE ARCADE, DA NOVELA 
"LEONARDO E OS FONTANEIROS", DE MARÍA VICTORIA MORENO
AUTORA HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

Na novela Antón, un neno de 8º de EXB, (o que hoxe sería 2º da ESO) conta as cousas que lle suceden a el e a Leonardo, que a pesar do seu nome, non é un neno, senón un can un tanto especial.

luns, 23 de abril de 2018

CURTOS POLA DIVERSIDADE





O ALUMNADO DE 3º CURSO ASISTIU A UNHA PROXECCIÓN DE CURTAMETRAXES QUE FOMENTAN VALORES COMO A IGUALDADE, A SOLIDARIDADE E A DIVERSIDADE

venres, 20 de abril de 2018

CRAZY RECIPES

SORPRENDENTES RECEITAS NESTE LIBRO
PINCHA NA IMAXE 

mércores, 18 de abril de 2018

🎵 GOSPEL


O MÉRCORES 18 DE ABRIL, O ALUMNADO DE 3º. 4º. 5º, 6º DE PRIMARIA
 DISFRUTAMOS DUNHA ACTUACIÓN DE GOSPEL NO NOSO CENTRO 🎵

luns, 16 de abril de 2018

UN CACHIÑO DE BICA de Mª Victoria Moreno


ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTÁ ADICADO A:
MARÍA VICTORIA MORENO.

domingo, 8 de abril de 2018

xoves, 5 de abril de 2018

TEATRO EN PONTEVEDRA

OS NENOS E NENAS DE 4º ASISTIRON ESTE 5 DE ABRIL EN PONTEVEDRA Á REPRESENTACIÓN TEATRAL NA PERCURA DO TESOURO, ACTIVIDADE DE TEATRO PARA ESCOLARES DE:
AFUNDACIÓN OBRA SOCIAL ABANCA


A obra didáctico-musical ofrecida polos GAITEIROS DA XISTRA resultou todo un éxito entre o noso alumnado. A rapazada gozou enormemente coa interpretación destes magníficos artistas que os convidaron a participar con eles do seu humor, das súas cantigas e da súa música e a reflexionar sobre o inmenso tesouro que posuímos e que temos a responsabilidade de coidar, manter e transmitir: A LINGUA GALEGA.
Ademais o noso alumnado demostrou a súa boa educación e o seu saber estar cun comportamento correctísimo e respectuoso sen deixar por iso de gozar desta fermosa actividade.