CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 28 de febreiro de 2019

6º PRIMARIA EN SANTIAGO

O mércores 27 de febreiro o alumnado de 6º de primaria fomos a Santiago de Compostela e visitamos a Cidade da Cultura e o Parlamento.

Música do grupo SLÁINTE

4ºC PRIMARIA COCIÑA

O martes 26 de febreiro os nenos e nenas de 4ºC de primaria desfrutamos cociñando no OBRADOIRO DE COCIÑA DE ALXÁN (SOUTOMAIOR). Fixemos unha brocheta de foita e unha tarta con obleas e chocolate.
Música: "FERTLESS" DE KEVIN MACLEOD

ENTROIDO 2019

O VENRES VEN COMO QUEIRAS

mércores, 27 de febreiro de 2019

1º PRIMARIA EN PONTEVEDRA

O martes 26 de febreiro as nenas e nenos de 1º foron ao parque de BOMBEIROS de Pontevedra e logo asistiron ao auditorio na sede A Fundación para ver o espectáculo: 
EU COCIÑO, TI COCIÑAS? 

Música: A PAPAR! de MAMÁ CABRA

ENTROIDO 2019

A FADA DE NEGUEIRÓS MANDA
O XOVES ENGADIMOS ALGO NO PESCOZO

martes, 26 de febreiro de 2019

4º PRIMARIA NO DÍA DE ROSALÍA

Os nenos e nenas de 4º de primaria fixemos as nosas flores para intercambias cos nenos e nenas de 3º de Primaria
MÚSICA : "ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES" POEMA DE ROSALÍA
MUSICADO POR AMANCIO PRADA

ENTROIDO 2019


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano celebramos o día de ROSALÍA con flores, todo o alumnado fixo unha flor cunha poesía da autora.
EDUCACIÓN INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA
3º.4º.5º E 6º DE PRIMARIA
 Logo intercambiamos as flores entre os diferentes cursos e todos e todas levamos unha para casa.

luns, 25 de febreiro de 2019

ENTROIDO 2019

O MARTES ENGADIMOS A BATA DE CASA

venres, 22 de febreiro de 2019

5º INFANTIL VISITA O MUSEO

O mércores 20 de febreiro, os nenos e nenas de 4 anos visitaron o MUSEO de PONTEVEDRA e despois foron ao Mercado de Abastos, onde poideron ver todo o que alí se comercializa.
MÚSICA: CLARO DE LUNA DE BEETHOVEN

ENTROIDO 2019

COMO EN ANOS ANTERIORES A FADA DIRÁ O QUE IMOS TRAER,
 ENGADINDO CADA DÍA UNHA COUSA.


xoves, 21 de febreiro de 2019

4ºB PRIMARIA NO OBRADOIRO DE COCIÑA

O martes 19 de febreiro os nenos e nenas de 4ºB de primaria desfrutamos cociñando no OBRADOIRO DE COCIÑA DE ALXÁN (SOUTOMAIOR). Fixemos un troncomóvil, unhas pesas moi sabrosas e uns bolos preñados.

MÚSICA: LARK IN THE MORNING DE SLÁINTE

6º PRIMARIA NA SEMANA DA CIENCIA

O DÍA DA CIENCIA houbo 5 experimentos; eran: ovo flotante, arco da vella de lacasitos, vela, submarino e vasos comunicantes. Parécenos interesante e divertido que o colexio faga estas actividades.
O DÍA DA CIENCIA ESTIVO XENIAL!!!
                                                                            (Uxía e Diosvani de 6º A)


O pasado día 15 de febreiro levamos a cabo unha xornada de experimentos para celebrar a SEMANA DA CIENCIA. Ao longo dunha hora fixemos 5 experimentos. A actividade resultounos moi interesante e divertida e aprendemos algunhas cousas novas. O experimento que máis nos gustou foi o submarino, xa que resultaba curioso que se afundise ao facer presión sobre a botella.
GUSTARÍANOS MOITO REPETIR A EXPERIENCIA!!!
                                                                             (Nenas e nenos de 6ºB)

mércores, 20 de febreiro de 2019

COCIÑANDO MÚSICA

O mércores 20 de febreiro, o alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria, asistimos a un concerto de pop electrónico onde o CAPITÁN GARFO (Saúl System) preparou un menú musical divertido e nutritivo no que aprendemos de forma sinxela e motivadora: bos hábitos alimentarios, a importancia dun almorzo saudable, a poñer a mesa ou a facernos amigos/as das verduras e ensaladas.

venres, 15 de febreiro de 2019

5º E 6º PRIMARIA E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Dentro do Plan Director o xoves 14 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Primaria asistimos a unha charla sobre as NOVAS TECNOLOXÍAS a cargo de persoal experto da Garda Civil.
Recibimos consellos sobre unha correcta utilización de Internet e información dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes sociais
.
Dentro do mesmo Plan Director o xoves 28 asistiremos a outra charla sobre o ACOSO ESCOLAR.

xoves, 14 de febreiro de 2019

4ºA PRIMARIA COCIÑA SÁ E DIVERTIDA

O VENRES 8 DE FEBREIRO REMATAMOS O NOSO PEQUENO OBRADOIRO DE COCIÑA CON FROITA FRESCA.

5º PRIMARIA NA SEMANA DA CIENCIA

Os/as alumnos/as de 5º, dentro das actividades da  I SEMANA DA CIENCIA organizada polo concello de SOUTOMAIOR (concellerías de Mocidade, Educación e Igualdade) o mércores 13 o asistimos ao obradoiro: WATER: O PODER DA AUGA.
Para nós foi un día moi divertido e interesante.

A semana da ciencia (do 8 ao 16 de febreiro) tenta fomentar a cultura científica e nesta edición, ademáis o papel da muller na ciencia, xa que o 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia.

Música de Kevin MacLeod


sábado, 9 de febreiro de 2019

A CATRO PATAS INFANTIL

O mércores no centro disfrutamos dunha demostración de terapias con cans a cargo da organización YARACÁN (intevencións asistidas con animais) Os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron unha visita moi especial: catro cans (TRUFA, UMA, ECO e GOOFY ) das razas golden e labrador especializados na atención a distintas terapias.
A iniciativa parte do Concello de Soutomaior que inicia esta actividade dentro do programa de intervención en centros educativos. 

MÚSICA: EU TEÑO UN CANCIÑO 
DE MALVELA

mércores, 6 de febreiro de 2019

6º PRIMARIA VISITA A CASA DE ROSALÍA DE CASTRO

O martes 5 de febreiro visitamos a CASA DA MATANZA en Padrón, onde Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida, xa que non tivo casa de seu.
Fixemos un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e obra da escritora galega máis universal.
MÚSICA : "ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES" POEMA DE ROSALÍA
MUSICADO POR AMANCIO PRADA

venres, 1 de febreiro de 2019

🕊 DECORACIÓN DIA DA PAZ


MÚSICA: HIMNO ALEGRÍA NOVENA SINFONÍA DE BEETHOVEN
AO PIANO POR RICHARD CLAYDERMAN