CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

sábado, 18 de abril de 2020

BOTÁMOSVOS DE MENOS 2º PRIMARIA

Estes vídeo feito polas familias cos seus nenos e nenas de 2º de Primaria axudan a manter o contacto e animan o noso día a día.
Grazas polo fermoso traballo!!!

xoves, 16 de abril de 2020

AXIÑA VOLTAREMOS 5º INFANTIL

Estes vídeos feitos polas familias cos seus nenos e nenas de Educación Infantil axudan a manter o contacto e animan o noso día a día.

Grazas polo fermoso traballo!!!

martes, 14 de abril de 2020

4ºA PRIMARIA RETO 3

Este é o meu canciño!
A que é riquiño?
Mándovos uns videos para que vexades o seu día a día:
"O MEU CANCIÑO"


"FACENDO UNS ESTIRAMENTOS"


"DURMINDO Á PATA SOLTA"

Tendes que averiguar de que raza é.
Podedes buscar tamén algunha información, características e coidados desta raza.

mércores, 8 de abril de 2020

3º PRIMARIA VISITA CAMPOLAMEIRO

O día 10 de marzo visitamos o PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO. Miramos os petróglifos e como neles os prehistóricos representaban os distintos momentos da caza, tamén os lugares onde vivían, os seus enterramentos e mesmo fixemos unha cunca de cerámica.
Pasámolo xenial!!!

MÚSICA DO GRUPO SLAINTE

venres, 3 de abril de 2020

POESÍA ROSALÍA PEQUENIÑA

MÚSICA DE MILLADOIRO

4º A PRIMARIA RETO 2 PISTA 2


4º A RETO 2 PISTA 2
Esta ponte cruza o río máis largo de Galicia.
- Onde nace este río?
- Onde desemboca?
- Cal é o seu maior afluente?...

xoves, 2 de abril de 2020

4ºA PRIMARIA RETO 2 PISTA 1

A ponte está nesta cidade galega:
_ _ _ _ _ _ E   
Podes investigar tamén:
- Cal é a ponte destacada desta cidade e algunha información sobre ela.
Investigando, investigando…
CANTAS COUSAS ESTAMOS APRENDENDO!                     

mércores, 1 de abril de 2020

4º A PRIMARIA RETO 2

Fíxate ben na imaxe porque tes que pescudar (investigar):
Como se chama esta ponte?
En que cidade se atopa?
Que río cruza?
(xa falamos algunha vez dela na clase, lembras o seu nome?)

CONTACONTOS PARA NENOS E NENAS

Porque na casa non podemos ir aos contacontos, Kalandraka Tv ofrécenos contos contados para acompañar o día a día das familias. Ánimo, con imaxinación sairemos adiante.
Felices e sanadoras lecturas.
(pincha na imaxe para acceder)