CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 28 de marzo de 2019

4º PRIMARIA EN PONTEVEDRA


O mércores 27 de marzo fomos ao auditorio da Fundación para ver BON APPÈTIT, a obra de Teatro dos GHAZAFELLOS.
Comedia onde tres «chefs franceses» tentan amosar os segredos da cociña galega, seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por Álvaro CunqueiroA Cociña Galega. Cunha posta en escena colorista, estes personaxes enganchan dende o primeiro momento, facéndonos partícipes das desventuras, malos entendidos e solucións para cada prato.
Logo visitamos a ILLA DAS ESCULTURAS onde merendamos antes de voltar á escola.

mércores, 27 de marzo de 2019

6º PRIMARIA EN CAMBADOS

O martes 26 de marzo visitamos o MUÍÑO DE MAREAS DA SECA en Cambados.
Construido en 1622 tiña a particularidade de aproveitar a subida e baixada das mareas para facer funcionar as catro moas coas que conta o muíño.
A zona interior queda en seco coa baixamar, de ahí o seu nome. 

Música: MUIÑEIRA DE SANTO AMARO de TREIXADURA
A muiñeira ten a súa orixe nas xornadas de traballo nos muíños e ao ocio asociado á espera da quenda para moer.

xoves, 21 de marzo de 2019

4º A DE COMPRAS

Fixemos un mercado no que practicamos cos cartos comprando e vendendo. 

xoves, 14 de marzo de 2019

2º PRIMARIA - EXPER-I-CIENCIA

O xoves 14  o alumnado de 2º de primaria recibiu a visita de Ana Paula Rodiño Míguez, doutora en Bioloxía do CSIC que traballa na Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra.
Paula estudiou no noso colexio e agora ven a explicarnos o seu traballo de investigación con plantas: legumes, hortalizas e piñeiros. Tamén falou de científicos e científicas famosos/as e contestou a todas as curiosidades dos nenos e as nenas.

martes, 5 de marzo de 2019

5ºB NO ENTROIDO


Música: KALIMBA de Mr Gruff

domingo, 3 de marzo de 2019

ENTROIDO


Música: LA VIDA ES UN CARNAVAL
       CARNAVAL TE QUIERO

venres, 1 de marzo de 2019

A CATRO PATAS 1º, 2º E 3º PRIMARIA

O xoves 28 recibimos outra visita da asociación YARACÁN, esta vez foron os nenos e nenas de 1°, 2° e 3° de primaria os que participaron na demostración destes profesionais de intervención asistida con animais. 
Grazas ao Concello de Soutomaior podemos disfrutar desta actividade tan novedosa e interesante para nós.


Música: O CANCIÑO de Uxía Lambona e a Banda Molona