CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

domingo, 31 de maio de 2020

4º PRIMARIA RETO 6

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

Para coidar o medio ambiente temos que: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR
(a regla dos tres R).
Esta semana reciclamos facendo algo (xoguete, agasallo...) con material de refugallo (rolo de papel hixiénico)

Premendo na imaxe podes ver algunha suxerencia 

mércores, 27 de maio de 2020

4º DE PRIMARIA RETO 5

TES QUE ADIVIÑAR 

Le atentamente as seguintes pistas (se prestas atención será moi doado):
PISTAS:
1,Naceu en Sudáfrica.                                                            
2. Loitou contra o apartheid.
3.Gañou o premio Nobel da Paz.
4.Foi elixido o primeiro presidente democrático de Sudáfrica.

VEÑA, MANS A OBRA!

UNHA VEZ QUE DESCUBRAS DE QUEN SE TRATA, INVESTIGA UN POUQUIÑO MÁIS:
·        Que quere dicir a palabra apartheid?
·        A palabra democrático ven de democracia, sabes que quere dicir?
·        En que ano gañou o premio Nobel da Paz?
·        Estivo no cárcere e pasou unha parte da súa condea na prisión da isla de…

xoves, 21 de maio de 2020

4º PRIMARIA RETO 4

SEMANA DA EDUCACIÓN ARTÍSTICA E SEMANA AFRICANA

O reto da semana é facer unha máscara africana. 
premendo na imaxe podemos ver unha idea

Facémola con cartón e decorámola como máis nos guste.

martes, 12 de maio de 2020

2ºB HOMENAXE SANITARIOS

As traballadoras e traballadores  sanitarios están a facer estes días un enorme esforzo e moitos sacrificios persoais e familiares para axudarnos a superar a pandemia do coronavirus.
Para nós merecen un gran respecto e moita admiración.
As nenas e nenos de 2º B quixemos facerlles a estes superheroes e heroínas unha pequena homenaxe coa creación destas manualidades.
Moitas grazas polo voso labor!
MÚSISA: RESISTIREI DO DÚO DIMÁMICO 
CANTA: NUEVA ERA

luns, 11 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

No blog da biblioteca temos xogos e propostas para conmemorar todos e todas este día.
PREME NA IMAXE PARA ACCEDER

Tamén temos xa o libro coas vosas aportacións.


venres, 1 de maio de 2020

CONTO DA DIVERSIDADE

Depois da proposta da mestra para crear mensaxes de apoio a menores do grupo LGTBI Cael de 5ºC tuvo a idea de crear este fermoso conto sobre a diversidade.
MOI BEN CAEL!!!