CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 27 de decembro de 2018

domingo, 23 de decembro de 2018

🎄5º E 6º CANTAN NO NADAL

O VENRES 21 O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA ACOMPAÑADO DO MESTRE QUICO, A MESTRA LOURDES E A COLABORACIÓN DO NOSO COMPAÑEIRO DEMETRIO, INTERPRETARON UNHAS PANXOLIÑAS QUE FIXERON AS DELICIAS DO RESTO DO CENTRO.
TODOS E TODAS DISFRUTAMOS E QUEDAMOS ENCANTADOS CON ESTA SORPRESA DE NADAL.
INFANTIL
PRIMARIA

sábado, 22 de decembro de 2018

🎄 5ºB DE PRIMARIA NO NADAL


Música: KALIMBA de Mr Scruff

venres, 21 de decembro de 2018

🎄1º NO NADAL

O ALUMNADO DE PRIMEIRO REALIZOU A SÚA ORIXINAL ÁRBORE DE NADAL

xoves, 20 de decembro de 2018

🎄NO NADAL DECORAMOS ARCADE

DECORAMOS CON MOITA ILUSIÓN OS ESCAPARATES DO NOSO CONCELLO

🎄4º DE INFANTIL CANTA NO NADAL

"RODOLFO EL RENO"
QUE BEN O FAN OS MÁIS PEQUENOS E E PEQUENAS DO NOSO COLE
NORABOA!!!

mércores, 19 de decembro de 2018

🎄NO NADAL DECORAMOS O COLE


MÚSICA: ESTACIÓN NADAL DE MAMÁ CABRA
O APALPADOR DE MALVELA
E PANXOLIÑA POPULAR

🎄 6º DE PRIMARIA CANTA NO NADAL

QUAND LE PÈRE NÖEL VIENT ME VISITER 
IL DESCEND PAR LA CHEMINÉE
CANCIÓN DE SUZANNE PINEL

martes, 4 de decembro de 2018

THE ENGLISH CORNER


PARA ACCEDER AO BLOGUE DE INGLÉS  PINCHA NA IMAXE

SAÍDA DE 1º E 2º A PONTEVEDRA

O dia 4 de decembro os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria asistiron ao auditorio na sede A fundación para ver o espectáculo "A GALIÑA AZUL"
Baseada no libro infantil de Carlos Casares, esta adaptación de Tanxarina está galardoada con importantes premios. Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 2018 e Premio Fetén ao Mellor espectáculo de títeres.
A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade e que emprega diversas técnicas de manipulación de bonecos, traballo interpretativo, música e cancións.


Despois foron ao Mercado de Abastos de Pontevedra onde poideron ver, falar e preguntar aos diferentes traballadores e traballadoras sobre os productos que alí se comercializan: lácteos, peixes, carnes, froitas, verduras....

domingo, 2 de decembro de 2018

📕 5º DE PRIMARIA NA BIBLIOTECA

Os alumn@s se 5º participamos na inauguración da biblioteca e coñecemos a mascota AKIRA. Todo coa colaboración de Anxo Moure. Día fantástico para deixar voar a imaxinación.

martes, 27 de novembro de 2018

NON MÁIS PRINCESAS

Hoxe as nenas e os nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria disfrutamos dunha sesión de contos que ten como obxectivo a promoción da igualdade de xénero e a coeducación dunha maneira activa, dinámica e divertida a cargo de Pedro Brandariz.
 Contos: "Cando as nenas voan alto" de Raquel Díaz" e
"Unha pantasma en apuros" de Laura Gallego.



venres, 23 de novembro de 2018

1º PARTICIPANDO NO PROGRAMA IMPARABLES

O ALUMNADO DE 1º
"SOMOS #IMPARABLES!!!"

ELECCIÓNS EN 6ºA

Hoxe, venres 23 de novembro, 6ºA fixo unha elección do/a delegado/a de clase.
Presentáronse varias candidaturas: Aymán, Adam, Pedro, Rocío, Eloy, Dafne e Xiana.
Cada un/unha espuxo o seu motivo para que o votaran.
Ao final saíron: Eloy como delegado e Dafne como subdelegada.
Noraboa aos nosos representantes !!!
                          
(Zaira 6ºA)

xoves, 22 de novembro de 2018

CHARLA: O MONTE VIVO

@s alumn@s de 5º e 6º de primaria asistimos a unha charla, no noso centro, sobre a importancia de coñecer e coidar os nosos montes e a natureza. Grazas aos gardas forestais por unha charla tan interesante e moi amena!

luns, 19 de novembro de 2018

domingo, 18 de novembro de 2018

sábado, 17 de novembro de 2018

🌰 MAGOSTO 2018



MÚSICA: "CHEGOU MAGOSTO "  JESÚS PAREJA
"TRES CASTAÑAS POLO CHAN"  MAMÁ CABRA
"GÚSTANME AS CASTAÑAS"  CANCIÓN GALEGA

🌰 O MAGOSTO EN 5º B


Müsica: KALIMBA de Mr Scruff

mércores, 7 de novembro de 2018

25N – DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Do 12 ao 23 de novembro dentro da programación de IMPARABLES fanse actividades nos centros educativos de 1º de Primaria a 4º da ESO. 
No noso centro estarán os días 13, 14 e 23.
O proxecto plantéxase como unha continuidade do proxecto de 2017
"E ti que fas pola igualdade?"

BLOG DE INFANTIL

PARA ACCEDER PINCHAR NA IMAXE

luns, 5 de novembro de 2018

O OUTONO EN 1º


sábado, 3 de novembro de 2018

venres, 2 de novembro de 2018

xoves, 1 de novembro de 2018

1º NO🎃SAMAÍN 2018

AS NENAS E OS NENOS DE 1º FACEMOS UN ESCONXURO PARA 
QUEIMAR OS MEDOS. 
MÚSICA;  "O SAMAÍN"
DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

BAILE 4º🎃SAMAÍN 2018

AS NENAS E OS NENOS DE 4º BAILANDO O TEMA DA FAMILIA ADAMS

POLO SAMAÍN DECORAMOS O COLE


Musica: "No SAmaín" de Brinca Vai,
               "O Samaín" de Mamá Cabra

martes, 30 de outubro de 2018

mércores, 24 de outubro de 2018

OS ALUMN@S DE 5º VISITAMOS O CASTELO DE VILASOBROSO

UN DÍA CHEO DE EXPERIENCIAS E HISTORIAS DE RAÍÑAS, REIS E CABALEIROS



martes, 26 de xuño de 2018

REMATA O CURSO

Dende o blogue damos as grazas a todas e todos por: ter un ratiño para visitarnos, valorar e agradecer o traballo realizado,  facer un montón de actividades para encher de contido o blogue, colaborar, etc...

Por todo isto e máis...

sábado, 23 de xuño de 2018

mércores, 20 de xuño de 2018

BATUCADA NO COLE

Hoxe os nenos e nenas da actividade de ecopercusión, realizada no cole ao longo de todo o curso e organizada pola ANPA, xunto cos nenos e nenas de 5º e 6º de pimaria e o seu mestre, ofreceron unha actuación de percusión con elementos de reciclaxe.


luns, 18 de xuño de 2018

3º CURSO VISITA A MUIÑADA DE BAROSA


Música: "Muiñeira de Limiñoa" de Xabier Diaz e as Albufeiras do Salitre

CONCERTO DE MÚSICA MODERNA

Hoxe visitounos a ESCOLA DE MÚSICA MODERNA E BELAS ARTES (EMMBA) de Redondela  disfrutamos dun concerto didáctico de música moderna, onde poidemos escoitar diferentes tipos de música moderna en directo e aprender a evolución da forma de tocar a batería, o baixo eléctrico e a guitarra eléctrica.

domingo, 17 de xuño de 2018

sábado, 16 de xuño de 2018

martes, 12 de xuño de 2018

sábado, 9 de xuño de 2018

3º CURSO VISITA A COFRADÍA DE PESCADORES E MARISCADORAS



Dámoslles as grazas á cofradía de pescadores e mariscadoras pola súa amabilidade e acollida. Foi unha xornada maravillosa na que o noso alumnado poido aprender moitas das cousas que teñen que ver con ese oficio.

luns, 4 de xuño de 2018

🎵 CONCERTO DIDÁCTICO DA ESCOLA DE GAITAS

Entre os actos organizados para celebrar as Letras Galegas,este luns 4 de xuño disfrutamos da visita de Josele, gaiteiro da Escola de Música Artística de Arcade, que veu acompañado de dúas antigas alumnas do noso centro: Raquel e María, para amosarnos diferentes instrumentos da música galega: gaita, bombo, tambor e pandereta.


Ademáis de explicarnos as partes destes instrumentos musicais, os tipos de sons que emiten e diferentes formas de tocalos, poidemos disfrutar da súa música.


A Escola de Música Artística de Arcade, fundada en 1868celebra este ano a seu 150 aniversario. Os nosos PARABÉNS!!!

mércores, 30 de maio de 2018

NO DÍA DA PAZ CANTAMOS "PARA A GUERRA NADA"

     TV SOUTOMAIOR




MONICREQUES NA ESCOLA


Entre os diversos actos que se organizaron ao longo deste mes para celebrar as Letras Galegas, este martes, 29 de maio, contamos no cole coa artista e titiriteira Celtia Figueiras que nos ofreceu un fermoso espectáculo de monicreques titulado  A historia de Gale.


A obra, baseada no libro Historia da Lingua Galega  de Pepe Carreiro, conta  a vida de Gale (metáfora da Lingua Galega) e ensínanos de xeito ameno e didáctico as diversas situaciónspolas que tivo que pasar o noso idioma a través dos séculos. Nalgúns momentos Gale estivo moi enfermiña, case apagada, como puido ser nos Séculos Escuros, mentres que noutras etapas reluciu de esplendor. Actualmente non está no seu mellor momento e por isomesmo precisa da axuda de todas e todos nós. Porque contar cunha Lingua e unha cultura propias supón ser posuidores dun tesouro de valor incalculable que non debemos deixar que se perda nunca.

CONTACONTOS: XOÁN DAS ONDAS

Hoxe fomos o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria ao Multiusos de Arcade para disfrutar dunha sesión de  contacontos. Aquí vos deixamos unha foto do ven que o pasamos.