CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 27 de febreiro de 2020

LARDEIROS INFANTIL,1º, 2º E 3º PRIMARIA

MÚSICA DUNHA DANZA MEDIEVAL

luns, 24 de febreiro de 2020

LARDEIROS 4º- 5º- 6º


MÚSICA DUNHA DANZA MEDIEVAL

domingo, 23 de febreiro de 2020

ENTROIDO EN 2ºB PRIMARIA

COMADRES E COMPADRES. TODO LISTO PARA XOGAR A AGACHAR OS NOSOS LARDEIROS.
VENRES DE ENTROIDO
CHEGOU O GRAN DÍA!
PASÁMOLO XENIAL!!!

BUSCANDO LARDEIROS INFANTIL

Este Entroido os nenos e nenas de Infantil agachamos e buscamos os lardeiros acompañados polos nenos e nenas de 6º de Primaria. Quedamos encantados/as coa actividade e agradecemos ao alumnado de 6º a súa axuda.
GRAZAAAS !!!
MÚSICA:  SINFONÍA DE UXÍA
(UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA)

sábado, 22 de febreiro de 2020

O ENTROIDO EN 4º A PRIMARIA

Este ano celebramos o Entroido disfrazándonos de damas medievais e de cabaleiros (de acordo ao Proxecto de Centro).
Festexámolo xuntos: cun desfile e dous bailes tradicionais da Idade Media.
Ademáis da celebración do día de compadres e comadres: buscando os lardeiros e lardeiras que os nenos e nenas agacharon polos patios do Centro.
Tamén seguimos as ordes do Alemanote, poñéndonos o pixama, un colar…
FOI UN ENTROIDO MOI DIVERTIDO!
 As damas de 4º A
Os cabaleiros de 4º A

venres, 21 de febreiro de 2020

A CATRO PATAS 2º PRIMARIA

O mércores 19 recibimos outra visita da asociación YARACAN, adicada á terapia con animais. Coma sempre, estamos encantados de poder disfrutar desta actividade e traballar sobre a importancia do respecto aos animais, grazas á iniciativa do noso concello.

A CATRO PATAS INFANTIL

Un ano máis o alumnado de 5 anos puido disfrutar da demostración de terapias con cans a cargo da organización YACARAN. Actividade promovida polo noso Concello.

MÚSICA: EU TEÑO UN CANCIÑO
MALVELA

xoves, 20 de febreiro de 2020

BUSCANDO LARDEIROS EN 5° PRIMARIA

O xoves foron as nenas as que esconderon os seus lardeiros.
E os nenos os que tiveron que atopalos.

ENTROIDO 2020

mércores, 19 de febreiro de 2020

BUSCANDO LARDEIROS EN 5° PRIMARIA

O martes os nenos de 5º esconderon os lardeiros no patio. 
 
 Ás nenas gustóunos moito, porque algúns nenos esconderono nuns lugares moi difíciles de atopar.

👀 ENTROIDO

O XOVES TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA DE COMADRES:
AS NENAS AGACHAN OS SEUS LARDEIROS E OS NENOS TEÑEN QUE ATOPALOS.

martes, 18 de febreiro de 2020

luns, 17 de febreiro de 2020

👀 ENTROIDO

O MARTES TAMÉN CELEBRAMOS O  DÍA DE COMPADRES:
OS NENOS ESCONDEN OS SEUS LARDEIROS E AS NENAS DEBEN ATOPALOS

venres, 14 de febreiro de 2020

👀 COMEZA O ENTROIDO

Este ano é o ALEMANOTE o que manda o que imos traer durante a semana do entroido.
O luns pixama.

xoves, 13 de febreiro de 2020

LARDEIROS ENTROIDO 2020

As nenas e os nenos de 6º de primaria visitamos aos máis pequenos e levámoslles o lardeiro con moito cariño, para que lle poñan un disfraz.

mércores, 12 de febreiro de 2020

CHARLA CÍVICO TRIBUTARIA 5º PRIMARIA

QUE SON OS TRIBUTOS?
 No martes día 11 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5° desfrutamos da charla dunha traballadora da Axencia tributaria, que nos explicou para qué serven tódolos impostos que pagamos os cidadáns e cidadás.

martes, 11 de febreiro de 2020

VISITA A O PARLAMENTO 6º DE PRIMARIA

O martes 4 de febreiro os nenos e nenas  de 6º de primaria fomos ao parlamento de Galicia. Ensinaronos as distintas salas do edificio,e vimos un debate sobre a sanidade. Finalmente déronnos un agasallo. 
PINCHA NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN

luns, 10 de febreiro de 2020

TEATRO: SAFARI 1º E 2º PRIMARIA

SAFARI 

Teatro de: La Baldufa Companyia de Comediants
O bullying é o tema a abordar neste espectáculo, en que nenas e nenos poderán entender as súas ameazas a partir do comportamento dos seus protagonistas: os animais da sabana. A preocupación dos nosos investigadores, Piñote e Calabacín, será a de descubrir que está a suceder e axudar estes animais ensinándolles que, a través das nosas actitudes e comportamentos en positivo, podemos convivir dunha maneira doce e tranquila, respectando a todo o mundo.

MÚSICA DO VIDEO:
African Safari de Derek Fiechter

xoves, 6 de febreiro de 2020

DÍA DA PAZ 2ºB PRIMARIA

2º B TRABALLANDO POLA PAZ
E tamén cantando a CANCIÓN do DÍA DA PAZ 
(arranxo musical de mestres da nosa escola) 

mércores, 5 de febreiro de 2020

MONTE VIVO 5º E 6º PRIMARIA

O martes 28 de xaneiro, asistimos a unha charla sobre o coidado dos montes, na que a guardia forestal, esplicounos a inportancia de coidar todos os ecosistemas para a vida de todos os seres vivos.
Aprendemos moito  para coidar o planeta e de como apagar os incendios no monte.

MONTE VIVO - PLAN PROXECTA

luns, 3 de febreiro de 2020

DÍA DA PAZ EN 4ºA PRIMARIA

Para conmemorar o día da Paz fixemos distintas actividades: cada neno e nena escribiu un compromiso persoal para mellorar a convivencia no colexio, pombas da paz, canción feita para cantar todos xuntos o día 30…
Compromisos que seguiremos traballando ao longo do curso.
Nenos e nenas de 4º A coas súas pombas da Paz.
Alumnos e alumnas de 4º A diante dos seus comprisos persoais.

sábado, 1 de febreiro de 2020

DEPORTE ESCOLAR 6ºA PRIMARIA

O mércores 29 de xaneiro os nenos de 6ºA recibiron a visita do colexio Santiago para disfrutar dunha xornada de deportes e convivencia. 
Moitos deles xa se coñecían da contorna e puideron xogar aos seus deportes favoritos durante toda a mañán entre veciños e coñecidos.