CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

martes, 31 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE REFORZO

LINGUA


MATEMÁTICAS

COÑECEMENTO E NATURAIS

 

INMERSIÓN LINGUÍSTICA 

 

luns, 30 de marzo de 2020

4ºA PRIMARIA


BO LUNS A TODAS E A TODOS!
Mándavos un par de autorretratos meus:
         Recén levantada!           Lista para comezar a traballar
VEÑA!, agora imos coller o planning para facer as nosas tarefas do día.
MANS Á OBRA!

xoves, 26 de marzo de 2020

RETO 1 ÚLTIMA PISTA 4ºA PRIMARIA


Hoxe vou a dar a pista definitiva:
O título do cadro e: “mujeres de…”
Seguro que xa o averiguastes todos e todas.
 MOITOS PARABÉNS!
Pero sabedes:
- Con que outro nome se coñece tamén o cadro?
- Canto mide?
- Que técnica  de pintura empregou para pintalo?
- Saberías situar nun mapa, onde se atopa o lugar que corresponde ao título?
BUFF!!!, HOXE TENDES QUE TRABALLAR MOITO!
CANTAS PREGUNTAS!, non vos queixedes (je,je,je) que son moi faciliñas.
UNHA APERTA MOI, MOI GRANDE!

mércores, 25 de marzo de 2020

4º A PRIMARIA RETO 1 PISTA 3

BOS DÍAS A TODAS E A TODAS!
O nome deste pintor comeza por “G” e remata por “N”.
Doado, eh?
SI XA SABEDES DE QUEN SE TRATA, podedes buscar tamén:
- Onde pintou este cadro?
- Que outros cadros pintou?

ÁNIMO, QUE ESTADES A PUNTIÑO DE ADIVIÑALO!

luns, 23 de marzo de 2020

4º A PRIMARIA RETO 1 PISTA 2

BOS DÍAS!
Hoxe chega a segunda pista:
Este pintor naceu entre os anos 1800 e 1900.
Na cidade onde naceu atopase un dos monumentos mais característicos do país: _ _ _ _ E        _ _ _ _ _ L
Se xa resolvestes o misterio, podedes buscar:
- Cando foi construído este monumento?
- Canto mide?
- Quen foi o seu arquitecto?...

sábado, 21 de marzo de 2020

4º A RETO 1ª PISTA

É un pintor que naceu nun país que ten fronteira con España.
_ _ _ _ _ _ A

QUEN SERÁ, SERÁ?
Se xa o adiviñaches, podes buscar algunha información sobre este país:
-      Cantos habitantes ten?
-      Cal é a súa capital?
-      Algún dos monumentos importantes do país.

O luns mandarei outra pista, BO FIN DE SEMANA!

venres, 20 de marzo de 2020

4º A RETO 1

BOS DÍAS, XA É VENRES!
Seguro que estábades desexando que chegara para descubrir o primeiro RETO.
POIS IMOS ALÓ…

Este reto esta pensado para os meus nenos e nenas, pero TODOS E TODAS OS QUE VOS QUEIRADES ANIMAR XA SABEDES…
Hai que adiviñar:
1. Título do cadro.
2. Quen e onde naceu o seu pintor ou pintora.
3. Outros cadros que pintou.
4. Algunha información que vos pareza interesante.


 Hoxe non vou dar ningunha pista, pensade como podedes buscar en internet ou nalgún libro que teñades na casa para averiguar os datos.
Mañá darei a primeira pista.
Unha aperta para todos e todas!
E a BUSCAR…

mércores, 18 de marzo de 2020

RETOS 4ºA PRIMARIA

 Ola a todos e a todas!
Este venres vou mandar o primeiro dos retos que tendes que resolver. Tiña pensado facelo no cole, pero como de momento non podemos, imos facelo dende casa.
Estade moi atentos ao blog e a páxina web.
Tamén enviarei algunhas das solucións dos exercicios para que poidades corrixilos.
Un saúdo e MOITO ÁNIMO!
Ata o venres!

venres, 13 de marzo de 2020

ROBÓTICA 6º PRIMARIA

O día 9 de marzo viñeron a darnos unha charla sobre robótica. Deixáronnos unha tablet para manexar os robots.
O rapaz exolicábanos como había que facer e a rapaza axudabanos a facelo.
Gustounos moito e pasámolo moi ben.
Grazas por esta actividade !!!

venres, 6 de marzo de 2020

VISITA MUSEO 6º INFANTIL

"Vivindo nas covas" 
O alumnado de 5 anos percorreu hoxe as salas do museo de Pontevedra  dedicadas á prehistoria en Galicia e, a parte de observar pezas orixinais, tamén tiveron a oportunidade de manipular algunhas réplicas. 
Foi moi interesante.

MÚSICA: CANCIÓN TROGLODITA EDIT ANAYA

DÍA DE ROSALÍA 6º PRIMARIA


MÚSICA: O SON DO AR
LUAR NA LUBRE

xoves, 5 de marzo de 2020

VISITANOS ROSA ANEIRO 6º PRIMARIA

Hoxe visitounos Rosa Aneiro que é a autora do libro "Xelis, o guieiro das botellas de mar".
Respondeu todas as nosas preguntas e leunos un capitulo do seu seguinte libro, despois firmounos os nosos libros.
Gustounos moito a súa visita xa que aprendemos moito con ela. 

mércores, 4 de marzo de 2020

PLANTACIÓN 6º PRIMARIA

"No proxecto construindo fragas"
O venres 28 de febreiro fomos plantar árbores coa Comunidade de Montes de Arcade de Arriba, con Monte Vivo e coa colaboración do noso Concello.
Os gardas forestais da actividade de Monte Vivo explicáronos como plantar as árbores, déronnos os sachos e comezamos a plantar no chan de Pozovello e logo no monte da Golbada,onde tamén nos fixeron unha demostracion de como apagan o lume os bombeiros forestais, cos batelumes e a mangueira.
Despois deixaronnos coller  os batelumes  e a mangueira para facer o que eles fan nun dia de traballo.
Ao remate o concello agasallounos cunha deliciosa merenda para repoñer forzas.

VIDEOS TV SOUTOMAIOR:


martes, 3 de marzo de 2020

luns, 2 de marzo de 2020