CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

venres, 29 de xaneiro de 2016

venres, 15 de xaneiro de 2016

                 UNHA VISITA ESPECIAL PARA OS NEN@S DE 3º

xoves, 14 de xaneiro de 2016

CHEGA O NADAL

VAMOS DE VACACIÓNS DE NADAL!

   Chegou a época do Nadal e con ela as vacacións e o descanso, que tamén é moi importante.

    Para despedirnos do ano nós, 1º primaria, aproveitamos para festexar os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpliron nos meses de novembro e decembro, fixemos un guateque con chuminadas e refrescos, cantamos o aniversario e tamén vimos "Grinch".

                MOITAS FELICIDADES!!!

 
 

DE EXCURSIÓN!

UN DÍA DIFERENTE


    Todo o alumnado de 1º de primaria fomos de excursión ata a nosa capital, Pontevedra, alí visitamos as distintas prazas que existen na zona vella e a que é debido o seu nome como por exemplo a praza da verdura, a da ferreria ou a da estrela coa súa fonte. 
   Para realizar o roteiro partimos da Peregrina onde nos esperaba o noso guía Roberto.

   Unha vez rematado o roteiro, merandamos na praza da Ferrería para despois baixar ata o Museo. No museo xogamos e creamos a nosa propia obra!

 PASAMOLO EN GRANDE!!!

     Os nenos e nenas de primeiro de primaria celebramos o Magosto xogando a distintos xogos en equipo para despois ir comer ao patio unhas castañas ben quentiñas. Que sorpresa ao chegar e ver como unha locomotora asaba as castañas co seu carbón. 
   Marchaban moitísimo! Por sorte tiñamos os cestos que papás e mamás nos axudaron a facer.

 QUE RICAS!!!!