CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

mércores, 10 de abril de 2019

EXPER-I-CIENCIA 5º PRIMARIA

O luns 8 de abril visitounos Ana Paula Rodiño Míguez, doutora en bioloxía do CSIC que traballa na Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra, para acercar a ciencia e a tecnoloxía á escola.
Na súa charla falounos da importancia das plantas e do traballo de investigación que fan para a mellora das mesmas preservando as sementes autóctonas.
Agradecemos a súa visita e valoramos o seu traballo como muller científica galega e tamén lembramos que foi alumna do noso centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario