CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

mércores, 10 de abril de 2019

40 ANIVERSARIO

Hoxe hai 40 anos que faleceu MANUEL PADÍN TRUITEIRO, pero...
Por que o noso cole se chama así: Manuel Padín Truiteiro?
Quen foi Manuel Padín Truiteiro?

Manuel foi un profesor que vivía en Soutomaior. Daba clases de Física no colexio de " Vista Alegre" de Vigo e o seu tempo libre adicábao a formar deportistas: chegou a ser entrenador nun equipo de fútbol "Club Turista", de Lavadores(Vigo). 

Morreu nun accidente de circulación con 25 anos o día 10 de abril de 1979 cando regresaba dunha excursión por Madrid e Toledo cos seus alumnos e alumnas. O autobús caeu dende unha ponte ao río Órbigo en Santa Cristina da Polvorosa (Benavente).

Manuel Padín Truiteiro saliu con vida do accidente e arriscou salvando a algúns nenos e nenas que quedaran dentro do autobús. Unha das veces que baixou a por un de eles, non puido subir á superficie, morrendo afogado.

E por iso o noso cole ten ese nome: en honor dun profesor que dou a súa vida para salvar a algúns dos seus alumnos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario