Os nenos e nenas de 2º de primaria lemos o libro HONORATO O RATO NAMORADO e hoxe veu visitarnos o autor ANTONIO GARCÍA TEIXEIRO. Pasámolo moi ben poque nos presentou a Honorato e contóunos que vivía na súa casa, na biblioteca, dentro dun libro. Como Honorato é poeta estivemos recitando poemas de formas divertidas. Despois fixémoslle preguntas sobre Honorato xa que o coñece moi ben.
Por último adicou e firmou cada un dos nosos libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario