CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

venres, 22 de marzo de 2024

It's time for English!

Despedimos outro trimestre cunha pequenísima mostra do enorme traballo do noso alumnado.

A cativada de infantil encheu unha carpeta, que decorou de

 💮primavera.💮


Unha carpeta chea de creacións... as mellores? Os xogos!!

        
 
No día a día hai tempo para todo, para creatividade e para as rutinas diarias: o tempo, os nosos estados de ánimo...

   


E mesmo contar contos cartoneiros...

Primeiro e segundo de primaria escribiron postais de 🐰Pascua e Primavera🥀, cos seus mellores desexos!


  

 


E por último, pero non por iso menos importante... Terceiro!!! Estes grupos sempre teñen unha enorme responsabilidade: decorar o noso corredor. Neste caso, fixeron un mural de benvida a nova estación e pósters temáticos.


💮 Happy Spring!! 💮

luns, 4 de marzo de 2024

3º E 4º PRIMARIA NO TEATRO

Hoxe asistimos ao teatro para ver: "HUGO" de Naufragos Teatro.

Actividades escolares AFUNDACIÓN Obra Social Abanca.

Gañadora do Premio María Casares ao Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022. Hugo conta a historia da amizade de Hugo e Laia. Unha peza teatral que aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia, chea de sensibilidade e empatía, que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes.


Encantounos!!!

xoves, 29 de febreiro de 2024

It's time for English!!!

Parece que foi onte cando comezaba o curso, pero o certo é que xa levamos meses rodando xuntos e dende entón fixemos moito... Aquí vos queremos mostrar unha pequena parte de tantísimas cousas que levamos feito...

En outubro traballamos contos de medo en inglés, o que nos levou a deseñar un mural que metía verdadeiro medo... O alumnado de 1º, 2º e 3º estivo ben aplicado!

Houbo Monstros con nome, Monstros de cor verde... Todos eles encheron un longo corredor... de cor e criaturas, cando menos curiosas. A todas elas, coma se dos nosos medos se tratara berrámoslle... Go Away!!! (Liscade!!!).

Deberon entender a nosa mensaxe... Liscaron e deron paso ao frío inverno!!! Afanámonos a facer cousas con neve, por todas partes e en todo tipo de materiais... Con moita ilusión de ver nevar....

Fixémoslle un mural...


E unha cidade nevada...

E ata postais con bonecos de neve!!!

Entre tanto traballo intenso chegou o Nadal, que.... non trouxo neve, pero trouxo as historias propias desta época do ano, que tamén inspiraron algún dos nosos traballos... Como a casiña do... Gingerbread man! Del pódevos falar a rapazada de 2º de primaria!

  

Se tiñamos ilusión por ver neve, non foi menos a ilusión por ver a Santa Claus!!! Antes de que o día chegase, elaboramos doorhangers, para as portas dos nosos cuartos. Tiñamos que facer todo o necesario por asegurarnos que parase nas nosas casas... E abofé que parou!!! Á volta das vacacións, boa parte do noso alumnado asegurou telo visto en mil sitios!!!
O alumnado de 1º encargouse dos doorhangers.


E coa volta á rutina, nun arbir e pechar de ollos... chegou o Entroido, que trouxo unha chea de ideas do máis divertidas, sempre!! O noso alumnado de seguro se caracteriza polo bo humor!!! 
Aquí unha mostra, dunha improvisación nunha clase de 3º.

Agora, preparámonos para a primavera... Non sabemos que nos deparará, pero de seguro que estaremos sempre argallando algo!! Xa volo amosaremos!!

See you soon!

venres, 2 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

 Di Cora que....

Esta semana de febreiro

o entroido é o primeiro.

Durante toda a semana, 

vén como che dea a gana,

un disfrace cada día cheo, 

de ledicia e alegría.

venres, 22 de decembro de 2023

Nadal 2023

 BO NADAL E FELIZ ANO 2024 !!!

venres, 8 de decembro de 2023

5º PRIMARIA EN MEIRANDE

O venres 1 de decembro fomos ao centro de interpretación da batalla de Rande. Aprendemos moito da historia acontecida na nosa ría e tamén da historia do edificio onde se atopa o centro.

Foi unha xornada moi amena e interesante.

martes, 21 de novembro de 2023

1º E 2º PRIMARIA NO TEATRO

O martes 14 asistimos ao espectáculo musical VAIA RITMO das actividades escolares de AFUNDACIÓN, Obra Social ABANCA.

Concerto de ODAIKO que, a través da sorpresa e con moito humor, presenta diferentes elememtos de percusión que nos levaron a divertirnos un montón.

sábado, 18 de novembro de 2023

3º e 4º PRIMARIA EN MEIRANDE

O mércores 15 de novembro fixemos un paseo pola nosa historia na visita ao centro de interpretación da batalla de Rande. Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben.

venres, 3 de novembro de 2023