CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 26 de novembro de 2020

RELIXIÓN

 Esta semana fixemos unhas boliñas de Nadal para poder decorar as nosas arbores na nosa casa!!!! A que son moi diferentes e orixinais?. Esperamos que vos gusten tanto coma a nos!

martes, 24 de novembro de 2020

4º RELIXIÓN

E como o Nadal está a chamar na nosa porta os alumnos e alumnas de 4º seguen a facer diferentes adornos personalizados ao seu gusto para poder decorar as súas casas!!!

sábado, 21 de novembro de 2020

1º e 2º PRIMARIA

Dende valores tanto en 1ºA como en 2ªA conmemoramos o Día Internacional dos dereitos da infancia (20 de novembro) con diferentes actividades:

En 1º fixemos unha flor.

En 2º fixemos unha estrela.

mércores, 18 de novembro de 2020

6º PRIMARIA RELIXIÓN

 Comezamos cos adorniños de Nadal para colgar na Árbore da nosa casa. Son de madeira e van decorados ao gosto dos nenos e nenas. Esperamos que vos gosten!!!

domingo, 15 de novembro de 2020

MAGOSTO 2020

O venres celebramos o Magosto, aínda que dunha forma diferente pola situación que estamos a vivir, disfrutamos dos xogos preparados polos/as mestres/as de educación física e o equipo de dinamización lingüística e comemos as castañas que foron un agasallo da ANPA do cole e que asaron Nati e Luís. 
Moitas grazas a todos/as !!! 
MÚSICA:
Canción do Magosto do libro 13 Lúas

MÚSICA:
Tres castañas polo chan cantada por Susa Herrera
Canción do Magosto do libro 13 Lúas
Gústanme as castañas, canción galega

xoves, 12 de novembro de 2020

5º PRIMARIA RELIXIÓN

Hoxe os nenos e nenas de 5º B e 5º C montaron un precioso e orixinal calendario de adviento!!!!

venres, 6 de novembro de 2020

4º PRIMARIA RELIXIÓN

Acercámonos ao Nadal e os nenos e nenas de cuarto fixeron un moneco de neve, todos diferentes, algúns innovadores, pero, o máis importante, todos moi xeitosos e moi persoais!!! 

mércores, 4 de novembro de 2020

1º B PRIMARIA CONTA UN CONTO DE MEDO!!!!

UNHA NOITE TERRORÍFICA
Historia elaborada polo alumnado de 1ºB

1º PRIMARIA RELIXIÓN

Estamos montando a árbore do Nadal e tam´en fixemos arboriñas para levar para casa e decorar a nosa propia árbore!!