CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

martes, 30 de abril de 2019

VISITA DA PROTECTORA 2º PRIMARIA

O luns 29 de abril viñeron ao colexio Gloria e Pili, voluntarias da Protectora de Animais: "OS PALLEIROS" e trouxeron a Triana, unha cadela Pitbull que recolleron na rúa moi ferida.
Primeiro ensináronnos un video dos cans que teñen no refuxio: Edu, Bomber, Iniesta, Ariel, Pecas...
Explicáronnos que recollen os cans abandoados, cóidanos e intentan que os adopten.
Esináronnos como debíamos acercarnos aos cans e como coidalos (vacinalos, sacalos a pasear, darlle de comer penso...)
Poidemos acariñar a Triana e darlle algunha lambetada, é moi boa, mansa e cariñosa, incluso se quedaba durmida de pé, foi moi gracioso!
Encantounos o que fan polos cans!
(Nenos e nenas de 2º)

Visita de Héctor Cajaraville - 4º PRIMARIA


O luns, 29 de abril, recibimos a visita de Héctor Cajaraville, autor de "Quen dá a quenda?" Foi realmente interesante coñecer á persoa que escribiu as historias que estivemos lendo ao longo do curso. 

Puidemos saber, da man do autor, a orixe da intrigante bruxa Divina, así como saber as claves do proceso de creación dun libro. Aínda que pareza incrible, os elementos inspiradores poden ser ás veces do máis inesperados e cotiás...
Contounos ademáis aspectos interesantes da vida de Antón Fraguas, autor conmemorado nas Letras Galegas deste ano, e deunos esperanzas dunha posible segunda parte con máis sorpresas e información de Divina, a nosa bruxa favorita.

domingo, 28 de abril de 2019

6º INFANTIL NO MUSEO

Música
O Lago dos Cisnes, Tchaikovsky 

venres, 26 de abril de 2019

6º PRIMARIA APRENDENDO A COIDAR O PLANETA

O día 25 de abril veu ao colexio o noso amigo e veciño Antón, el é profesor.
Deunos unha charla sobre os residuos e que hai que facer para manter ou algún día conseguir ter o noso planeta san.
                                                                               Pedro (6ºA)

martes, 23 de abril de 2019

1º DÍA DA MULLER

                          UNHA MULLER IMPORTANTE NA MIÑA VIDA.
Actividade proposta dende a biblioteca do cole para conmemorar o 8 de marzo, día internacional das mulleres

OS TRABALLOS DE 1ºA


OS TRABALLOS DE 1ºB
A mag created with Madmagz.

luns, 22 de abril de 2019

OS TRABALLOS DE 5ºB


Música
Préludes, Book 1, L. 117: No. 8, La fille aux cheveux de lin (Arr. R. Stoltzman for Clarinet & String Orchestra) · Richard Stoltzman

mércores, 17 de abril de 2019

domingo, 14 de abril de 2019

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ

O venres 12 o alumnado de infantil disfrutou moito coa visita de Iago López Santos e o seu conto de: 
O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS
Músia do grupo Slainte

xoves, 11 de abril de 2019

2ºB PRIMARIA UNHA MULLER IMPORTANTE PARA MIN

UNHA MULLER IMPORTANTE NA MIÑA VIDA.
Actividade proposta dende a biblioteca do cole para conmemorar o 8 de marzo, día internacional das mulleres.
A mag created with Madmagz.

mércores, 10 de abril de 2019

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO 2º PRIMARIA

Os nenos e nenas de 2º de primaria lemos o libro HONORATO O RATO NAMORADO e hoxe veu visitarnos o autor ANTONIO GARCÍA TEIXEIRO. Pasámolo moi ben poque nos presentou a Honorato e contóunos que vivía na súa casa, na biblioteca, dentro dun libro. Como Honorato é poeta estivemos recitando poemas de formas divertidas. Despois fixémoslle preguntas sobre Honorato xa que o coñece moi ben.
Por último adicou firmou cada un dos nosos libros.

40 ANIVERSARIO

Hoxe hai 40 anos que faleceu MANUEL PADÍN TRUITEIRO, pero...
Por que o noso cole se chama así: Manuel Padín Truiteiro?
Quen foi Manuel Padín Truiteiro?

Manuel foi un profesor que vivía en Soutomaior. Daba clases de Física no colexio de " Vista Alegre" de Vigo e o seu tempo libre adicábao a formar deportistas: chegou a ser entrenador nun equipo de fútbol "Club Turista", de Lavadores(Vigo). 

Morreu nun accidente de circulación con 25 anos o día 10 de abril de 1979 cando regresaba dunha excursión por Madrid e Toledo cos seus alumnos e alumnas. O autobús caeu dende unha ponte ao río Órbigo en Santa Cristina da Polvorosa (Benavente).

Manuel Padín Truiteiro saliu con vida do accidente e arriscou salvando a algúns nenos e nenas que quedaran dentro do autobús. Unha das veces que baixou a por un de eles, non puido subir á superficie, morrendo afogado.

E por iso o noso cole ten ese nome: en honor dun profesor que dou a súa vida para salvar a algúns dos seus alumnos.

EXPER-I-CIENCIA 5º PRIMARIA

O luns 8 de abril visitounos Ana Paula Rodiño Míguez, doutora en bioloxía do CSIC que traballa na Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra, para acercar a ciencia e a tecnoloxía á escola.
Na súa charla falounos da importancia das plantas e do traballo de investigación que fan para a mellora das mesmas preservando as sementes autóctonas.
Agradecemos a súa visita e valoramos o seu traballo como muller científica galega e tamén lembramos que foi alumna do noso centro.

domingo, 7 de abril de 2019

OUR ENDANGERED ANIMALS

As nenas e nenos de 6º de primaria,
neste proxecto, empregamos o Powerpoint para explicar cal é a nosa expecie en perigo de extinción favorita en inglés.

APRENDENDO INGLÉS

4º GRADERS GO TO THE DOCTOR
4ºA PRIMARIA
4ºB PRIMARIA
Practicamos co ingles para ir ao médico.

venres, 5 de abril de 2019

VISITA DE MIGUEL ÁNGEL ALONSO 5º PRIMARIA

O xoves 4 de abril o alumnado de 5º de primaria
recibimos a visita de MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ autor de MÚSICA NO FAIADO, libro que lemos todos e todas neste curso.
Ao remate da charla o autor asinounos os nosos libros con moito agarimo.
Agradecémoslle a súa vista ao noso centro.

xoves, 4 de abril de 2019

2º PRIMARIA NO MUSEO DO MAR

O martes 2 de abril fomos a Vigo e visitamos o museo do mar, coñecemos o seu acuario no que contemplamos especies mariñas nun hábitat que reconstrue as rías galegas e tivemos a sorte de ver dúas crías de raia e tiburón; tamén aprendemos cousas interesantes sobre algas e tiburóns.
Despois visitamos a praia de Samil onde merendamos, xogamos e paseamos.
Música: PEIXIÑOS DO MAR DE MAGÍN BLANCO

mércores, 3 de abril de 2019

5ºB PRIMARIA A MIÑA BELA ROSA

UNHA MULLER IMPORTANTE NA MIÑA VIDA.
Actividade proposta dende a biblioteca do cole para conmemorar o 8 de marzo, día internacional das mulleres.

A mag created with Madmagz.