CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

mércores, 4 de marzo de 2020

PLANTACIÓN 6º PRIMARIA

"No proxecto construindo fragas"
O venres 28 de febreiro fomos plantar árbores coa Comunidade de Montes de Arcade de Arriba, con Monte Vivo e coa colaboración do noso Concello.
Os gardas forestais da actividade de Monte Vivo explicáronos como plantar as árbores, déronnos os sachos e comezamos a plantar no chan de Pozovello e logo no monte da Golbada,onde tamén nos fixeron unha demostracion de como apagan o lume os bombeiros forestais, cos batelumes e a mangueira.
Despois deixaronnos coller  os batelumes  e a mangueira para facer o que eles fan nun dia de traballo.
Ao remate o concello agasallounos cunha deliciosa merenda para repoñer forzas.

VIDEOS TV SOUTOMAIOR:


Ningún comentario:

Publicar un comentario