CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

venres, 20 de marzo de 2020

4º A RETO 1

BOS DÍAS, XA É VENRES!
Seguro que estábades desexando que chegara para descubrir o primeiro RETO.
POIS IMOS ALÓ…

Este reto esta pensado para os meus nenos e nenas, pero TODOS E TODAS OS QUE VOS QUEIRADES ANIMAR XA SABEDES…
Hai que adiviñar:
1. Título do cadro.
2. Quen e onde naceu o seu pintor ou pintora.
3. Outros cadros que pintou.
4. Algunha información que vos pareza interesante.


 Hoxe non vou dar ningunha pista, pensade como podedes buscar en internet ou nalgún libro que teñades na casa para averiguar os datos.
Mañá darei a primeira pista.
Unha aperta para todos e todas!
E a BUSCAR…

Ningún comentario:

Publicar un comentario