CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 26 de abril de 2018

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5ºA EXPERIMENTAMOS COA MATERIA

A semana pasada, as nosas compañeiras Andrea e Judith, trouxeron á clase dous experimentos, como boas científicas que son.
En primeiro lugar, Andrea amosounos un volcán moi ben feito, co efecto da terra e herba incluído. Ao mesturar vinagre con bicarbonato prodúcese unha reacción que, xunto cun toque de colorante vermello, semella un volcán en erupción. QUE CHULO !!!

Por outra parte Judith amosounos o que acontece cando prendes unha vela sobre un plato con auga e o tapamos cun vaso. Querédelo ver? Pois poñede o vídeo e tede un pouco de paciencia, tarda un pouco pero o resultado paga a pena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario