CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 5 de abril de 2018

TEATRO EN PONTEVEDRA

OS NENOS E NENAS DE 4º ASISTIRON ESTE 5 DE ABRIL EN PONTEVEDRA Á REPRESENTACIÓN TEATRAL NA PERCURA DO TESOURO, ACTIVIDADE DE TEATRO PARA ESCOLARES DE:
AFUNDACIÓN OBRA SOCIAL ABANCA


A obra didáctico-musical ofrecida polos GAITEIROS DA XISTRA resultou todo un éxito entre o noso alumnado. A rapazada gozou enormemente coa interpretación destes magníficos artistas que os convidaron a participar con eles do seu humor, das súas cantigas e da súa música e a reflexionar sobre o inmenso tesouro que posuímos e que temos a responsabilidade de coidar, manter e transmitir: A LINGUA GALEGA.
Ademais o noso alumnado demostrou a súa boa educación e o seu saber estar cun comportamento correctísimo e respectuoso sen deixar por iso de gozar desta fermosa actividade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario