CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

domingo, 7 de xuño de 2020

RETO 7

O NOSO PEQUENO "OCÉANO" NUNHA BOTELLA 
Seguro que vistes algunha vez esas botellas que se movían  rítmicamente dun lado a outro creando máxicas ondas… pois hoxe ensinámosvos como se fan!
Con moi poucos materiais, podedes crear un verdadeiro e precioso mar dentro dunha botella. Sorprenderédesvos con esta manualidade fácil e divertida!
Tan só necesitades unha botella baleira, auga,  colorante azul, un embude, aceite, cunchas, area e todo o que vos lembre ao mar.
Primeiro, enchede a botella con auga ata dous terzos e agregade o  colorante azul. Se non tedes  colorante, con pintura azul debería funcionar igual. Batede ben para que a auga se tínga dun bonito azul profundo.
Incorporade as cunchas, area, ou o que queirades e finalmente, enchede a botella con aceite. Como a auga e o aceite non se mesturan, crearedes un bonito mar dentro dunha botella e movéndoa con ondas e todo!
Explicación sacada de: " pequeocio. com"

Se te animas podes mandar foto co resultado esta semana ao correo 

123primariaarcade@gmail.com 

Ningún comentario:

Publicar un comentario