CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

sábado, 8 de xuño de 2019

VISITA A CONNORSA E SALINAS (6º PRIMARIA)

O mércores 5 de xuño (día do medio ambiente) visitamos CONNORSA, onde fabrican as conservas  CABO DE PEÑAS, aprendendo os pasos da elaboración das diferentes latas.
Despois visitamos as SALINAS DO ULLÓ, comezando polas ruínas da GRANXA DAS SALINAS. Alí Alberto, veciño da zona e membro da asociación SALINAS DO ULLÓ, que traballa para que  este entorno se conserve o mellor posible, falounos da historia e da importancia deste fermoso enclave que temos tan preto e pode ser que alguén aínda descoñeza.

MÚSICA: SE CHOVE
TREIXADURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario