CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 28 de marzo de 2019

4º PRIMARIA EN PONTEVEDRA


O mércores 27 de marzo fomos ao auditorio da Fundación para ver BON APPÈTIT, a obra de Teatro dos GHAZAFELLOS.
Comedia onde tres «chefs franceses» tentan amosar os segredos da cociña galega, seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por Álvaro CunqueiroA Cociña Galega. Cunha posta en escena colorista, estes personaxes enganchan dende o primeiro momento, facéndonos partícipes das desventuras, malos entendidos e solucións para cada prato.
Logo visitamos a ILLA DAS ESCULTURAS onde merendamos antes de voltar á escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario