CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

martes, 4 de decembro de 2018

SAÍDA DE 1º E 2º A PONTEVEDRA

O dia 4 de decembro os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria asistiron ao auditorio na sede A fundación para ver o espectáculo "A GALIÑA AZUL"
Baseada no libro infantil de Carlos Casares, esta adaptación de Tanxarina está galardoada con importantes premios. Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 2018 e Premio Fetén ao Mellor espectáculo de títeres.
A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade e que emprega diversas técnicas de manipulación de bonecos, traballo interpretativo, música e cancións.


Despois foron ao Mercado de Abastos de Pontevedra onde poideron ver, falar e preguntar aos diferentes traballadores e traballadoras sobre os productos que alí se comercializan: lácteos, peixes, carnes, froitas, verduras....

Ningún comentario:

Publicar un comentario