CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

mércores, 30 de maio de 2018

MONICREQUES NA ESCOLA


Entre os diversos actos que se organizaron ao longo deste mes para celebrar as Letras Galegas, este martes, 29 de maio, contamos no cole coa artista e titiriteira Celtia Figueiras que nos ofreceu un fermoso espectáculo de monicreques titulado  A historia de Gale.


A obra, baseada no libro Historia da Lingua Galega  de Pepe Carreiro, conta  a vida de Gale (metáfora da Lingua Galega) e ensínanos de xeito ameno e didáctico as diversas situaciónspolas que tivo que pasar o noso idioma a través dos séculos. Nalgúns momentos Gale estivo moi enfermiña, case apagada, como puido ser nos Séculos Escuros, mentres que noutras etapas reluciu de esplendor. Actualmente non está no seu mellor momento e por isomesmo precisa da axuda de todas e todos nós. Porque contar cunha Lingua e unha cultura propias supón ser posuidores dun tesouro de valor incalculable que non debemos deixar que se perda nunca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario