CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

venres, 5 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Carlos Casares polo seu compromiso coa nosa lingua e literatura.
Estes son algúns dos seus contos.
Carlos Casares Mouriño está considerado como unha das figuras máis singulares e renovadoras da nosa literatura.
Naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense. Foi firme defensor da lingua galega e un dos impulsores da Lei de Normalización e da creación do Consello da Cultura Galega.
A súa creación literaria é moi ampla, cunha gran cantidade de obras de literatura infantil, ademais de novelas, ensaios, artigos periodísticos...
Faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002, pouco despois de rematar a que sería a súa obra póstuma “O sol do verán”.


Ningún comentario:

Publicar un comentario