CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR
mércores, 30 de outubro de 2024
luns, 14 de outubro de 2024
Back to school!!!!!
BACK TO SCHOOL!!!!
Prezadas familias estamos de volta!!! O alumnado xa está rodando... Estas son as súas primeiras produccións...
Se as casas se empezan dende abaixo, en infantil aprendemos a presentarnos e dicir o noso nome:
O alumnado de primaria estrou o corredor co seu primeiro mural "Every Crayon is Unique".
mércores, 2 de outubro de 2024
mércores, 19 de xuño de 2024
2 islands, 1000 stories
O alumnado de terceiro realizou un libro propio, en inglés, sobre a Illa de San Simón, a natureza e a historia. O resultado foi verdadeiramente profesional.
Trátase dun (audio)libro no que o alumnado abordou os distintos oficios da fase do libro: ilustradores, escritores e, neste caso, tamén lectores.
No cole temos a versión física, que compartimos coa comunidade educativa a través dunha versión dixital:
Parabéns polo traballo realizado!!! 👏👏👏👏👏
sábado, 15 de xuño de 2024
A NOSA COLLEITA
Somos as nenas de 5ª B e na materia de Competencial plantamos unhas leitugas lisas, rizas e folla de roble. Despois plantamos pementos de Padrón, que uns pican e outros non e tamén tomates Cherry .
Tivemos que ir todos os días a regar.
Pasaron dous meses e xa recollemos as nosas leitugas .
Esperamos recoller pronto os pementos.
As leitugas estaban deliciosas. Foi moi divertido !!
venres, 14 de xuño de 2024
ROBOT ARTICULADO
Somos unhas nenas de 5º, chamámonos Amina e Islame e fixemos un robot articulado. Utilizamos carton, pintura negra e papel.
O primeiro paso foi coller carton e facer dúas pernas, para que se movan puxemos dous buracos en cada lado da perna. Tamén collemos un trozo de cartolina e enrollámola. Collemos as dúas pernas e coa cartolina poñemos en cada lado da perna e así móvense.
Despois, para facer o corpo fixemos un cadrado, ao terminar o corpo facemos os brazos , son como as pernas so que mais pequenos.
E para terminar o robot facemos a cara que é tamen con cartón para que teña unha cabeza asi fixémola en 3D.
Para decorarlo pintámolo de negro e puxémoslle nas dúas pernas e nas mans trozos de papel.
Este é o noso robot articulado esperamos que vos gustase.
xoves, 13 de xuño de 2024
It's time for English!!!
Acabamos outro trimestre e con el despedimos o curso!!!
Foi un trimestre animado, cheo de bo tempo, excursións, actuacións e... xogos!!! A nosa ferramenta favorita para aprender. Tívemolos de tódolos tipos.
Xogos de mesa...
Beebot...
Bloques de construcción...
Estoxos Mini arco...
Y entre xogo e xogo, e tirada e tirada, aínda quedou tempo para facer o PIRATA!!! Todo pirata que se precie debe...🦜🏝
ter a súa canción pirata!!
saber usar un mapa para atopar o tesouro!!
coñecer as profundidades marinas e as súas criaturas!!!
Tamén houbo tempo para a creatividade... Aquí algúns exemplos:
Libro cartoneiro, Flowers and bees, da rapazada de 5º de infantil.
E... a decoración do noso pasillo: The washing line, a cargo de 3º de primaria, ases da decoración.
Bye!!👋🌊
venres, 7 de xuño de 2024
COMO REACIONAN AS BACTERIAS
Construimos historia!
Este trimestre os alumnos/as de 4ªA traballamos a historia e as súas etapas, ademáis de buscar información e elaborar diferentes traballos, fixemos estas fantásticas maquetas.
xoves, 6 de xuño de 2024
VOLCÁN
Somos 3 nenas de 5ºB que nos chamamos: Nerea, Aldara e Lola.
Xuntámonos para facer un volcán.
Cando xa o tiñamos feito utilizamos: bicarbonato, vinagre branco, Fairy e colorante.
Cando mesturamos todo fíxose unha reacción química e saiu un líquido branco polo cráter.
Foi unha esperiencia inolvidable !!!
TORRE DE PAPEL
Nós, seis nenos de 5º B, fixemos un proxecto que pode co peso dun adulto.
1º Cuns paus de madeira, e con cola branca, fixemos aproximadamente 150 tubos de papel!!!
2º Calculamos a metade, e medimos 10 cm para cada lado, marcábamolos con rotulador. Despóis cortábamos o marcado e acumulábamos os tubos.
3º Collemos os tubos e con silicona pegámolos para facer a base. Máis tarde, pegámolos para arriba facendo cubos.
4º Pegamos un tubo dende unha punta de arriba ata a outra.
5º Finalmente dúas nenas subíronse á vez, e resistiu o peso.
Se bos preguntades como pode aguantar contareivos que fixémolo en estrutura triangulada, xa que o triángulo é a forma xeométrica que máis reparte o peso.
Foi un proxecto moi difícil, pero moi divertido.
Agardamos que vos interesase.
martes, 28 de maio de 2024
EXPERIMENTAMOS COA ENERXÍA
luns, 27 de maio de 2024
TRABALLAMOS NO PROXECTO DE CENTRO
Para contribuír ao
desenvolvemento do proxecto de centro, en 2º de primaria, realizamos diversas
tarefas de investigación en distintos medios, postas en común, toma de decisións,
redacción, escrita, actividades plásticas (colorear, recortar, pegar,...),
medicións, etc.
Algunhas das figuras que traballamos foron María Pita ou Francis Drake, para o que
tivemos que coñecer tamén a liña temporal e situalas na súa época correspondente.
EN 1º APRENDEMOS OS PLANETAS
Fixemos coas nosas familias traballos relacionados co Sistema Solar. Tamén realizamos traballos en clase en
equipos cooperativos, buscando a información a través de internet, libros
e apuntes, recolléndoa e plasmándoa en "Lapbook".

EN 5º DE PRIMARIA ELABORAMOS UN VOLCÁN DE LAVA
NECESITAMOS:
150
ml de auga
150
ml de aceite
Colorante
alimenticio (azul, vermello,…)
Pastillas
efervescentes ou bicarbonato sódico.
ELABORACIÓN:
Botamos
a auga nun frasco e despois engadimos o aceite. A continuación introducimos o
colorante alimenticio e remexemos.
Para
finalizar botámoslle as pastillas efervescentes ou o bicarbonato a esta
mestura.
RESULTADO:
A
mestura comezará a burbullar e botará por fora a “lava”.
xoves, 23 de maio de 2024
TRABALLO SOBRE A CÉLULA
En 5º e 6º de Primaria realizamos traballos sobre a célula.
- Primeiro buscamos información sobre as características das células tanto vexetais
- como animais. Características das súas partes e a función que desempeñan.
- Visionamos vídeos de como construír as nosas maquetas.
- Por equipos construímos as maquetas utilizando distintos materiais.
- Realizamos Exposición orais na aula ,que despertaron unha enorme expectación.
- Por último realizouse unha exposición das nosas maquetas nos corredores.
martes, 21 de maio de 2024
DESIGN A CITY (CONSTRÚE E DESEÑA A TÚA CIDADE)
En quinto de primaria en inglés realizamos un mini-proxecto sobre a creación dunha cidade real ou imaxinaria.
Para eso fixemos:
- Design a map of the city or build a small city (deseño dun mapa ou maqueta dunha cidade)
- Design a leaftlet of a city with interesting information about it (deseño dun folleto dunha cidade utilizando vocabulario con información relevante traballado na clase)
- Oral presentation of the city (exposición oral de cada cidade)
4º INFANTIL NA HORTA ESCOLAR
O alumnado de 3 anos (4º infantil), ademais da horta e os seus cultivos, traballamos a alimentación saudable.
1.- Presentación a través
de imaxes de diversos cultivos, de distintas froitas e verduras, de diferentes
alimentos... e situámolos no semáforo da alimentación (verde o que podemos
comer todos os días, amarelo o que podemos comer algunha vez a semana e
vermello o que comeremos de forma ocasional)
2.- Visita e
preparación da nosa horta: estaba chea de malas herbas polo que fixemos unha
chuvia de ideas para pensar entre todos como deberiamos preparar a terra para
plantar as nosas plantas.
3.- Observación e
recoñecemento das plantas que imos cultivar: leitugas, tomates (cherry e de
corazón), pementos de padrón, cebola, entre outros. Abonamos a terra, plantámolas e regamos.
4.- Elaboración das
etiquetas dos nosos cultivos.
5.- Realización de
fichas sobre o proceso de xerminación dos cultivos e as diferentes partes das plantas.
6.- Rexistro dos
que días imos regar e dos días de choiva.
7.- Realización de
debuxos sobre como son as nosas plantas, como medran,...
8.- Emprego de fotografías dos nosos cultivos para facer xogos do bee-bot sobre vocabulario en castelán, galego e inglés.
Nunha das visitas para regar atopámonos con que as leitugas desapareceran, polo que fixemos unha pequena investigación e descubrimos os caracois; tivemos que plantar de novo e buscar que podiamos facer para que non as volvesen comer (cambiámolas de sitio e botamoslle sal ao redor para que non se acercasen).

































.jpg)

















