CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 30 de abril de 2026

Hora do conto...

Se hai un conto que o noso alumnado coñece a perfección e nunha chea de linguas distintas é The very hungry caterpillar... Polo que lles propoñemos as máis diversas actividades para retar os seus coñecementos. 



Como ben sospeitades, fixérono xenial!!!

Agardamos que vos guste! 

luns, 27 de abril de 2026

Story Walk!!!

Polo día do libro, o alumnado de 3º saiu ao patio para dar un paseo algo atípico. Tratábase dun paseo literario (a story walk), é dicir, dar unha volta polo patio con cadanseu equipo e ler as distintas historias que imos atopando.

Aínda que as historias non estaban tan agochadas como a rapazada pensaba, e lles foi fácil atopalas, desfrutaron do aire libre, correndo e resolvendo.


É bastante probable que repitamos! Non o perdades!! Agardamos que vos guste!

mércores, 22 de abril de 2026

Georgia O'Keeffe inspired flowers

Como cada curso por esta época, cambiamos de trimestre, de estación... E os nosos corredores e aulas énchense de cor. Neste caso o alumnado da sección bilingüe, explora e recrea a obra da artista Georgia O'Keeffe, adicada á natureza na que evocaba o seu estado de ánimo. Ademais fixeron un recorrido por distintos exemplos das súas obras, nas que as flores son o centro, xa que a artista admiraba a súa beleza.

Asemade o alumnado aprendeu sobre arte abstracta, liñas, formas e cores, traballando estes aspectos coa técnica pastel.

Deixámosvos algúns exemplos dos resultados acadados. 


   

       

Agardamos que vos guste.

venres, 17 de abril de 2026

Thank you, Ms Sori!

O noso alumnado de terceiro segue a recibir noticias dende o continente americano. Esta vez a mestra, Ms. Sori, nada en New Jersey, tivo a boa vontade enviar unha presentación interactiva sobre a súa cidade. Nela compartiu fotos e audios das cousas máis representativas deste estado, xunto con algúns retos para que o noso alumnado investigase.




Se Ms. Sori nos propón un reto, nós... Aceptamos!!!!! Estas foron as achegas do noso alumnado!!!



Unha vez comprobadas as investigacións... Xa so queda dicir que esta viaxe está resultando moi emocionante!

Agardamos que vos guste!

martes, 14 de abril de 2026

Estreamos nova ferramenta!!!!

O alumnado de 6º estreou a cortadora láser do centro!!!! Atrévense con todo! Parabéns!!!!





 

Como podedes ver nas imaxes, deseñaron uns letreiros para as aulas, relativos aos países asignados a cada grupo e unhavez deseñados: gravaron e cortaron na cortadora láser. Seguen traballando en novos proexctos, que pronto vos ensinaremos.

Agardamos que vos guste!!!

mércores, 8 de abril de 2026

Bandeiras

 
Esta Viaxe que nos une, lévanos a coñecer países e as súas bandeiras, entre outros datos. Neste caso, o alumnado de terceiro grazas á robótica, profundizou na linguaxe de programación e aprendeu a recoñecer bandeiras dos diferentes países que se están traballando no proxecto de centro.

 


martes, 7 de abril de 2026

Robótica e grafismo creativo: dos en 1!!!

O alumnado de infantil segue a traballar co robot. Desta volta, o alumnado de 5º de Infantil unificou o uso da técnica de “grafismo creativo” co manexo do robot: EARL2. Programamos o robot para chegar a cada símbolo e despois os trazamos nas nosas flores coa cor indicada. Dándolle cor así as nosas flores de primavera.



luns, 6 de abril de 2026

Flores para Rosalía

Como cada mes de febreiro, conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, coa elaboración de flores que intercambiar entre o alumnado; flores con versos.