CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 6 de xuño de 2024

TORRE DE PAPEL

Nós, seis nenos de 5º B, fixemos un proxecto que pode co peso dun adulto.

1º Cuns paus de madeira, e con cola branca, fixemos aproximadamente 150 tubos de papel!!!

2º Calculamos a metade, e medimos 10 cm para cada lado,  marcábamolos con rotulador. Despóis cortábamos o marcado e acumulábamos os tubos.

3º Collemos os tubos e con silicona  pegámolos para facer a base. Máis tarde, pegámolos para arriba facendo cubos.

4º Pegamos un tubo dende unha punta de arriba ata a outra.

5º Finalmente dúas nenas subíronse á vez, e resistiu o peso.

Se bos preguntades como pode aguantar contareivos que  fixémolo en estrutura triangulada, xa que o triángulo é a forma xeométrica que máis reparte o peso.

Foi un proxecto moi difícil, pero moi divertido.

Agardamos que vos interesase.

Ningún comentario:

Publicar un comentario