CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións

venres, 12 de xuño de 2026

Descubrindo Madagascar

Esta actividade enmárcase no proxecto de centro "A viaxe que nos une", a través do cal o alumnado de 2º de Educación Primaria realiza unha viaxe virtual por diferentes países e culturas do mundo. Durante o terceiro trimestre, o alumnado achegarase a Madagascar, descubrindo algúns dos seus monumentos e espazos naturais máis representativos mediante o uso dun robot educativo, favorecendo a aprendizaxe activa, a orientación espacial e a competencia dixital.

sábado, 30 de maio de 2026

Marchou Maio...

Marchou Maio e... A viaxe que nos une chegou ao seu fin!!! A última etapa foi tan emocionante como as anteriores. Cambiamos de continente para visitar:

Exipto, que albergou o que foi unha das civilizacións máis sorprendentes da Antigüidade, con marabillas como as pirámides  e os tesouros de Tutankamón.

Sen dúbida, trátase duhna experiencia impresionante que reflexa algúns dos maiores logros da humanidade. E así nolo contou o alumnado de  1ºA.

 A rapazada de 1º B levounos da man por Marrocos, país de antigas tradicións e pasado glorioso, rodeado de inesgotables areas. Tan exótico como espectacular, Marrocos agocha paraísos para todos.


Madagascar, onde todo é salvaxe e extremo. Esta illa da costa sureste de África colleu dese continente a súa terra vermella e de Asia, os seus  arrozais. Nesta viaxe veremos lémures e baobabs, da man de 2º A. 


Última parada: Kenia!!! En Nairobi, a súa capital, poderás visitar o orfanato de elefantes, e ver xirafas no Giraffe Center. Se isto che parece pouco, na Reserva Nacional de Samburu atoprás búfalos, cebras, gacelas, impalas, antílopes, guepardos, leopardos, leóns, cocodrilos, hipopótamos e unha gran cantidade de especies de aves.

Sen desmerecer o Monte da Peneda, o Monte Kenia é altísimo, a montaña máis alto de Kenia e a segunda máis alta de África. Como disfrutou destas paisaxes o grupo de 2º B...

Idiomas, comidas, culturas, moeda, bandeiras... Todo isto e máis, aprendemos ao longo desta viaxe. Agardamos que vos gustara!!!

(¡Qué lejos llegarás! de Dr. Seuss)


martes, 19 de maio de 2026

Ti a Kenya, eu a Madagascar!!!

Os nosos grupos de 2º, tras un curso enteiro informándose sobre o país asignado na Viaxe que nos une... Xa so lles quedaba levar toda esa información á materia de lingua estranxeira, na que tras o visionado de breves documentais para rapazada, nos que apreciaron a pronuncia, elaboraron uns minibooks de cada país...
      

 



 


luns, 23 de marzo de 2026

Mulleres Científicas Relevantes

O alumnado de 2º, polas conmemoracións do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, participou nun xogo de mulleres científicas con robot educativo. A actividade tiña como obxectivos:

 Coñecer e identificar mulleres científicas relevantes e as súas achegas á ciencia. Relacionar cada científica co descubrimento ou investigación que a fixo destacada

 Desenvolver a curiosidade científica e o interese pola investigación. Fomentar a igualdade de xénero na ciencia, visibilizando referentes femininos. 

O alumnado organízouse en equipos de 3 ou 4 persoas

No panel aparecen imaxes de diferentes mulleres científicas e existen tarxetas cos seus descubrimentos ou achegas á ciencia


Pasos:

1. Cada equipo colle unha tarxeta co nome dunha científica ou co seu descubrimento

2. O grupo debe identificar a científica correspondente no panel

3. A continuación, programan o robot educativo (Earl/Bee-Bot) para que se despraze polo taboleiro ata chegar á imaxe da científica. 

4. Finalmente, deben levar o robot ata a tarxeta co descubrimento científico relacionado con ela


Se a relación é correcta e o robot chega ao destino axeitado, o equipo supera o reto. 





Agardamos que vos guste!!

venres, 7 de novembro de 2025

Previsión para a fin de semana!

Dende o proxecto: A viaxe que nos une, se viaxades nesta fin de semana, prestade atención ao tempo!! O alumnado de 2º A vaivos dar a previsión destes países...


 Agardamos que vos guste!

mércores, 5 de novembro de 2025

O tempo anda revolto!!!

Hoxe o alumnado de 2º B vaivos falar do tempo meteorolóxico en distintos países. Como ben sabedes, o proxecto de centro, "A viaxe que nos une", lévanos a viaxar e coñecer distintos países. Pois antes de facer a maleta... Imos ver que tempo vai!!!

 
 
 

 
 
Agardamos que vos guste!!!!

martes, 4 de novembro de 2025

Aquí cando se xoga?

Despois de elaborar os traballos máis pintorescos... Dende cabazas,

 

monstros,


ata pantasmas, morcegos e arañas...
  

...tocou xogar!!!! 
 

Todas estas actividades permitíronlle ao noso alumnado... "apreciar e respectar a diversidade lingüística, cultural e artística a partir da lingua estranxeira, identificando e valorando as diferenzas e semellanzas entre linguas e culturas."

mércores, 8 de outubro de 2025

Estamos de volta!

Queridas Familias,

Xa estamos de volta e neste mes que levamos xuntos, xa collemos ritmo. Demos a benvida a un novo curso... E a unha nova estación!


Presentámonos.

E lembramos saberes que tiñamos gardados na nosa memoria.


Agora xa estamos listos para entrar en materia!! 
Aquí estaremos para amosárvolo! 
Agardamos que vos guste!


venres, 25 de abril de 2025

Comunicámonos

Neste programa co gallo do día internacional do autismo, dende a radio queremos visibilizar a diversidade na que vivimos mediante a lectura dun conto adaptado.