CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

martes, 21 de maio de 2024

4º INFANTIL NA HORTA ESCOLAR

O alumnado de 3 anos (4º infantil), ademais da horta e os seus cultivos, traballamos a alimentación saudable.

1.- Presentación a través de imaxes de diversos cultivos, de distintas froitas e verduras, de diferentes alimentos... e situámolos no semáforo da alimentación (verde o que podemos comer todos os días, amarelo o que podemos comer algunha vez a semana e vermello o que comeremos de forma ocasional)

2.- Visita e preparación da nosa horta: estaba chea de malas herbas polo que fixemos unha chuvia de ideas para pensar entre todos como deberiamos preparar a terra para plantar as nosas plantas.

3.- Observación e recoñecemento das plantas que imos cultivar: leitugas, tomates (cherry e de corazón), pementos de padrón, cebola, entre outros. Abonamos a terra, plantámolas e regamos.

4.- Elaboración das etiquetas dos nosos cultivos.

5.- Realización de fichas sobre o proceso de xerminación dos cultivos e  as diferentes partes das plantas.

6.- Rexistro dos que días imos regar e dos días de choiva.

7.- Realización de debuxos sobre como son as nosas plantas, como medran,...

8.- Emprego de fotografías dos nosos cultivos para facer xogos do bee-bot sobre vocabulario en  castelán, galego e inglés.

Nunha das visitas para regar atopámonos con que as leitugas desapareceran, polo que fixemos unha pequena investigación e descubrimos os caracois; tivemos que plantar de novo e buscar que podiamos facer para que non as volvesen comer (cambiámolas de sitio e botamoslle sal ao redor para que non se acercasen).

Ningún comentario:

Publicar un comentario