CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

sábado, 28 de febreiro de 2026

Epidermólisis Bullosa

 

Epidermólisis bullosa.pdf de Manuel Padín Truiteiro

Miastemia gravis

 

Miastemia de Manuel Padín Truiteiro

ELA

 

ELA de Manuel Padín Truiteiro

Quiste

Quiste de Manuel Padín Truiteiro
Quiste de Tarlov de Manuel Padín Truiteiro

Lamb Shaffer

 

Lamb Shaffer de Manuel Padín Truiteiro

Linfagioleiomiomatosis

 

linfangioleiomiomatosis de Manuel Padín Truiteiro

Ataxia

 

Ataxia de Manuel Padín Truiteiro

xoves, 26 de febreiro de 2026

Lunar New Year

O alumnado de 6º, dende as seccións bilingües, trae unha mostra do traballo que fixeron pola conmemoración do Aninovo Chinés, este ano adeicado ao cabalo: The year of the Fire Horse, que traerá cambio, innovación e novas oportunidades.

Con este novo proxecto achegámonos un pouco máis á comunidade chinesa e a súa cultura, parte do cometido do proxecto de centro, A viaxe que nos une. 

 Este foi o proceso.


 


 E este foi o resultado!!!

 



 

Parabéns, artistas!!!

mércores, 11 de febreiro de 2026

Happy Penguin!

Deixamos atrás o inverno cun divertido mural elaborado polo alumnado da sección bilingüe, no que o observaredes unha familia de Happy Penguins, elaborados nun fondo colorido. Para elaborar os pingüíns empregaron distintos papeis e elaboraron formas simples.

Finalmente engiron un pequeno iceberg, feito con papel e coloreado con pastel, acadando un resultado moi vistoso!
 

luns, 2 de febreiro de 2026

Hearts Around the World

Co gallo do proxecto de centro, A viaxe que nos une, o alumnado de 3º B animouse a participar no proxecto Hearts around the world, que consiste en enviar mensaxes de amizade, por Sanvalentín, a alumnado dunha escola dos Estados Unidos, país que lle foi asignado para coñecer e profundidade durante o presente curso escolar.


Pouco a pouco, redactamos pequenas mensaxes individuais, escritas en inglés.

 


Todas sumaron e foron collendo forma, ata converterse nun todo moi bonito.

 



Agora esa gran mostra de traballo en equipo vai voando cara Estados Unidos, máis concretamente voa a New Jersey, ao Washington School, onde o recibirá o alumnado de Ms D'Anneo. 

Sobre este proxecto: Hearts Around the world diremos que é anual e tradición nas escolas estadounidenses. O profesorado anuncia de diversas formas que estarían interesados en recibir cartas de San Valentín de todo os estados ou incluso de outros países, co obxectivo de situalas xeográficamente nun mapa e aprender sobre eses lugares dende onde lles están escribindo. Esta foi a nosa aportación, para que nos coñezan algo mellor:


Quedamos á espera de que a reciban e ter novas dende aló, que de seguro vos contaremos.

Agardamos que vos guste.