CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións

martes, 26 de maio de 2026

Embarcamos!!!!

Bos días a todas as persoas que hoxe viaxan con nós. A nosa tripulación quere darlles as grazas por elexir a nosa compañía para esta viaxe tan especial. A duración estimada será de tres días de exposicións. Viaxaremos por distintos países da man do noso alumnado.

Por motivos de seguridade  e para evitar interferencias recordámoslles que os dispositivos electrónicos deberán permanecer desconectados. Pregámoslles que garden a equipaxe de man nos compartimentos superiores ou debaixo do asento dianteiro, deixando saídas de emerxencia e corredores despexados.


Ahora por favor, abrochen o cinto de seguridade, manteñan o respaldo do asento en posición vertical e a mesita plegada para desfrutar dos destinos de hoxe: India, China, Xapón, Tailandia e Australia da man do alumnado de 5º e 6º.




Gracias pola súa atención e feliz viaxe.

xoves, 21 de maio de 2026

Retrato


"Viviana vivía convencida de que sería posible, precisamente pola condición insular de Britania, un estado perfecto, de homes e mulleres libres, instruídos e calmos." escribía Begoña Caamaño na súa obra Morgana en Esmelle, e non podemos estar máis de acordo con ela.

Por iso, e por ser a persoa homonaxeada este ano no día das Letras Galegas, o noso alumnado escolleuna como musa dos seus retratos...


Agardamos que vos gusten!

mércores, 20 de maio de 2026

Lorna Simpson inspired project

A seguinte inspiración do noso alumnado é a artista Lorna Simpson.  Nada en Brooklyn, no seu traballo explora o concepto de identidade a través do cabelo como seña de identidade. Partindo deste concepto o noso alumnado está a elaborar un collage ao estilo Lorna, colorido, vistoso e reivindicativo! 

Así baixo o lema: Divírtete coas caras de Lorna Simpson, o alumnado selecciona caras de revistas e imaxina formas creativas para darlle máis vida:  engádenlle peiteados divertidos e incribles,  accesorios como sombreiros ou gafas...


                     

Agardamos que vos guste!

mércores, 22 de abril de 2026

Georgia O'Keeffe inspired flowers

Como cada curso por esta época, cambiamos de trimestre, de estación... E os nosos corredores e aulas énchense de cor. Neste caso o alumnado da sección bilingüe, explora e recrea a obra da artista Georgia O'Keeffe, adicada á natureza na que evocaba o seu estado de ánimo. Ademais fixeron un recorrido por distintos exemplos das súas obras, nas que as flores son o centro, xa que a artista admiraba a súa beleza.

Asemade o alumnado aprendeu sobre arte abstracta, liñas, formas e cores, traballando estes aspectos coa técnica pastel.

Deixámosvos algúns exemplos dos resultados acadados. 


   

       

Agardamos que vos guste.

martes, 14 de abril de 2026

Estreamos nova ferramenta!!!!

O alumnado de 6º estreou a cortadora láser do centro!!!! Atrévense con todo! Parabéns!!!!





 

Como podedes ver nas imaxes, deseñaron uns letreiros para as aulas, relativos aos países asignados a cada grupo e unhavez deseñados: gravaron e cortaron na cortadora láser. Seguen traballando en novos proexctos, que pronto vos ensinaremos.

Agardamos que vos guste!!!

luns, 6 de abril de 2026

Flores para Rosalía

Como cada mes de febreiro, conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, coa elaboración de flores que intercambiar entre o alumnado; flores con versos.


 
 
 

venres, 27 de marzo de 2026

O Gran Concurso!!!! Escoita Radio Negueirós e... Vota!!!!

A rapazada de 6º elaborou un cartaz informativo para informar sobre o Concurso da nosa Radio. Utilizamos IA e CANVA. Foi unha experiencia interesante e divertida. O cartaz atópase exposto na entrada da nosa biblioteca

Agora todo o alumnado está informado e pode participar!!!!

Agardamos que vos guste!

xoves, 26 de febreiro de 2026

Lunar New Year

O alumnado de 6º, dende as seccións bilingües, trae unha mostra do traballo que fixeron pola conmemoración do Aninovo Chinés, este ano adeicado ao cabalo: The year of the Fire Horse, que traerá cambio, innovación e novas oportunidades.

Con este novo proxecto achegámonos un pouco máis á comunidade chinesa e a súa cultura, parte do cometido do proxecto de centro, A viaxe que nos une. 

 Este foi o proceso.


 


 E este foi o resultado!!!

 



 

Parabéns, artistas!!!

venres, 19 de decembro de 2025

Paisaxes de inverno

 Dende as seccións bilingües a rapazada de 5º e 6º traballan as paisaxes de inverno.



 

Aquí hai outra perspectiva da paisaxe... A paisaxe con perspectiva: one-point perspective
 

xoves, 30 de outubro de 2025

Happy Halloween

Finalizando Outubro a escola énchese de criaturas, seres do máis terrorífico... Mete medo!! O alumnado das seccións bilingües, con moito arte, traballaron a simetría e o espacio positivo/negativo, cun fantástico resultado: Halloween positive/negative Art.







Pero non todo van ser criaturas!!! Sen dúbida, non podiamos deixar de decorar as nosas Pumpkins. Desta vez estiveron inspiradas en Romero Britto.



 

Agardamos que vos guste!