CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2026

ODS

 Ao longo do 3º trimestre o alumnado de 3º aprendeu que son os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible), e a súa importancia para o noso futuro. Con todo o aprendido elaboraron un taboleiro, e a base de preguntas foron localizando cada un destes obxectivos.



Empregaron o robot EARL 2. E como amosaron estar sobradamente preparados, a súa titora subiulles o nivel de dificultade: Canto sabes sobre Begoña Caamaño?



Desta vez, empregaron o Coding set. Nada se lle resiste. Con este reto tamén puideron!!! Pasaremos todo o verán pesando en novos retos para esta rapazada tan aplicada!!!

xoves, 28 de maio de 2026

Seguinte parada!!!

O noso primeiro destino deste segundo día de aventura lévanos a lugares remotos con vistas incríbles. Canadá demostra que as montañas poden convertirse nun auténtico paraíso. A capital do oso polar e do sirope de arce, non vos defraudará!!!

De seguido avanzamos e coma se dunha superprodución cinematográfica se trase, aterrizamos de cheo en Estados Unidos!!! 

O gran soño americano conta coas paisaxes desérticas máis impresionantes do mundo, pasando pola inmensidade da natureza de Alaska, parando a repoñer enerxías nalgún diner, onde atoparemos unha gran variedade de pratos populares listos para ser devorados.

Se os antigos maias elixiron México para establecer o seu imperio non foi por azar. O país dos mariachis, a comida picante e as pirámides ten moito para ofrecer: dende o cacao a Frida Khalo, dende praias  de auga turquesa e area branca de Riviera Maya ata as inmensas selvas tropicais de Chiapas… Veña!! Xa vai sendo hora de que vaias a México

 


Sabías que no último destino de hoxe podes atopar case catro millóns de especies animais e vexetais? Abarcando case a metade de Sudamérica, xusto entre os dous trópicos, está Brasil, onde as condicións para que a vida se abra paso son perfectas. É por iso polo que en Brasil atopamos o pulmón do noso planeta: a Selva Amazónica. Grazas Brasil!!!! Obrigadas e obrigados!!


 Que tal o estades a pasar? Non vos estaredes mareando con tanto paseo!! Veña a descansar!!! Que aínda queda unha xornada máis!!! A última!!! Non esquezades levar e selar o voso pasaporte!!


luns, 27 de abril de 2026

Story Walk!!!

Polo día do libro, o alumnado de 3º saiu ao patio para dar un paseo algo atípico. Tratábase dun paseo literario (a story walk), é dicir, dar unha volta polo patio con cadanseu equipo e ler as distintas historias que imos atopando.

Aínda que as historias non estaban tan agochadas como a rapazada pensaba, e lles foi fácil atopalas, desfrutaron do aire libre, correndo e resolvendo.


É bastante probable que repitamos! Non o perdades!! Agardamos que vos guste!

venres, 17 de abril de 2026

Thank you, Ms Sori!

O noso alumnado de terceiro segue a recibir noticias dende o continente americano. Esta vez a mestra, Ms. Sori, nada en New Jersey, tivo a boa vontade enviar unha presentación interactiva sobre a súa cidade. Nela compartiu fotos e audios das cousas máis representativas deste estado, xunto con algúns retos para que o noso alumnado investigase.




Se Ms. Sori nos propón un reto, nós... Aceptamos!!!!! Estas foron as achegas do noso alumnado!!!



Unha vez comprobadas as investigacións... Xa so queda dicir que esta viaxe está resultando moi emocionante!

Agardamos que vos guste!

mércores, 8 de abril de 2026

Bandeiras

 
Esta Viaxe que nos une, lévanos a coñecer países e as súas bandeiras, entre outros datos. Neste caso, o alumnado de terceiro grazas á robótica, profundizou na linguaxe de programación e aprendeu a recoñecer bandeiras dos diferentes países que se están traballando no proxecto de centro.

 


xoves, 26 de marzo de 2026

Roberta Bandar

O alumnado de terceiro fixo un mural dixital sobre Roberta Bondar para conmemorar o día internacional da muller. No mural exponemos información da súa vida, elixindo o fondo, escollendo vídeos para incluir e incluso animacións en 3D.

mércores, 18 de marzo de 2026

A letter from the USA!!

Finalmente recibimos resposta do Rutherford School de New Jersey. Tras ter colaborado co alumnado desta escola no seu proxecto Hearts around the world! Recibimos unha carta de volta, que nos fixo moita ilusión! 

Na primeira parte escrita en español, dan as grazas por terlles escrito e ensinarlles cousas do noso cole e da nosa rexión.


 Na segunda parte, a súa mestra felicita ao noso alumnado polo seu inglés e por ter trabllado tanto na tarxeta enviada.  


Finalmente, coloreamos un mapa dos estados e... na súa carta o alumnado americano escribiu NJ. Tivemos que atopar este estado no mapa e saber a que corresponden as siglas e como se escribe en inglés. 



Menuda aventura!

luns, 9 de marzo de 2026

Cootie Catchers

A rapazada de 3º, con motivo do proxecto de centro A viaxe que nos une, elaboraron uns cootie catchers (comecocos) temáticos, relativos aos países asignados aos distintos grupos: Canadá e USA, que ademáis de decorar, completaron con preguntas e respostas sobre aspectos culturais dos distintos países, e que finalmente empregaron para interactuar oralmente.



luns, 2 de febreiro de 2026

Hearts Around the World

Co gallo do proxecto de centro, A viaxe que nos une, o alumnado de 3º B animouse a participar no proxecto Hearts around the world, que consiste en enviar mensaxes de amizade, por Sanvalentín, a alumnado dunha escola dos Estados Unidos, país que lle foi asignado para coñecer e profundidade durante o presente curso escolar.


Pouco a pouco, redactamos pequenas mensaxes individuais, escritas en inglés.

 


Todas sumaron e foron collendo forma, ata converterse nun todo moi bonito.

 



Agora esa gran mostra de traballo en equipo vai voando cara Estados Unidos, máis concretamente voa a New Jersey, ao Washington School, onde o recibirá o alumnado de Ms D'Anneo. 

Sobre este proxecto: Hearts Around the world diremos que é anual e tradición nas escolas estadounidenses. O profesorado anuncia de diversas formas que estarían interesados en recibir cartas de San Valentín de todo os estados ou incluso de outros países, co obxectivo de situalas xeográficamente nun mapa e aprender sobre eses lugares dende onde lles están escribindo. Esta foi a nosa aportación, para que nos coñezan algo mellor:


Quedamos á espera de que a reciban e ter novas dende aló, que de seguro vos contaremos.

Agardamos que vos guste.


martes, 20 de xaneiro de 2026

Happy New Year!!!

Comezamos ano novo, mes e trimestre!! Con ganas e moitos proxectos!! Neste pequeno gran forno que é a nosa escola xa se están a cocer boas ideas...

O alumnado de 3º leva a rutina do calendario ao máximo expoñente: cun calendario dixital no que anotan ata cando che cae un dente. 

    

 

Pero 6º de Infantil tamén ven pisando forte... E colle soltura no manexo da PDI para as rutinas diarias... Sempre están Hungry... Non sei como se apañan!

E xa que vimos de recibir agasallos... Aproveitamos para aprender os nomes dos xoguetes cun memory game. 

 
Por último, pero non por iso menos importante... A  rapazada de 5º de infantil traballa na recreación dun conto... The snowy day, by Ezra Jack Keats.
 

Pronto nos deixarán ver o resultado final... 

Agardamos que vos guste! 

venres, 12 de decembro de 2025

A viaxe que nos une: Canadá

Como parte do proxecto de centro: A viaxe que nos une, o alumnado de 3º A, familiarizase a fondo coa bandeira do país asignado e aprenden a usar o lapis 3D. Están a facer unhas follas de arce, árbore emblemática deste país, perfilándoas... 

                                                                                  

 Agardamos que vos guste!

martes, 9 de decembro de 2025

Can you play sports?

Rematando xa o trimestre o alumnado de 3º ponse a proba nunha breve entrevista sobre os deportes que dominan. Este alumnado está en forma!!! Escoitade atentamente!

                                                                      3º A


     
                                                                3ºB


 Agardamos que vos guste!

martes, 4 de novembro de 2025

Aquí cando se xoga?

Despois de elaborar os traballos máis pintorescos... Dende cabazas,

 

monstros,


ata pantasmas, morcegos e arañas...
  

...tocou xogar!!!! 
 

Todas estas actividades permitíronlle ao noso alumnado... "apreciar e respectar a diversidade lingüística, cultural e artística a partir da lingua estranxeira, identificando e valorando as diferenzas e semellanzas entre linguas e culturas."