CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

mércores, 10 de xuño de 2026

Feliz e orgulloso verán!!


Son moitos os cambios que se teñen producido nos últimos anos nos comportamentos sociais, cambios que tamén afectan o papel da educación e a percepción que a sociedade ten desta. Entre eses cambios cabe destacar o uso xeneralizado das tecnoloxías da información e da comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá, que está a modificar a maneira en que as persoas participan na sociedade, e as súas capacidades para construír a propia personalidade e para aprender ao longo da vida.

O sistema educativo galego non pode permanecer alleo a estes continuos cambios que deben ter un reflexo na aprendizaxe das persoas ao longo da vida, con diferentes enfoques para adaptar a formación aos requisitos actuais e futuros. Entre os moitos enfoques que hai que ter presentes destacan os dereitos da infancia como principio reitor; a igualdade de xénero a través da coeducación e a aprendizaxe da igualdade efectiva de mulleres e homes, a prevención da violencia de xénero e o respecto á diversidade afectivo-sexual (...)

A sociedade no seu conxunto reclama un sistema educativo moderno, menos ríxido, máis aberto, multilingüe e cosmopolita, que desenvolva todo o potencial e o talento do alumnado. 

(DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.)

Por todo isto e por que cremos que toda a diversidade convive na nosa escola  e así ha de ser,  adicamos o último mural á última conmemoración do curso: 28 de Xuño, día Internacional do Orgullo LGTBIQ+.

 

 

Co desexo de deixarlles unha sociedade máis igualitaria e inclusiva, na que cada persoa poida amar e expresarse libremente, pois o amor é o motor que move o mundo, despedimos este curso 2025/2026!!!!
 
 
Feliz e orgulloso verán!!!!

Welcome ou Willkomen??

 A min non me quedou claro se se di welcome ou willkomen. Se estades coma min, o mellor é que preguntedes á rapazada de 6º de infantil. De seguro volo explican con moito xeito. Hoxe foi o seu turno de compartir co resto da escola o aprendido ao longo da viaxe. 

Uns visitaron o Reino unido, e déronlle á súa exposición un acento moi British.

 


Falaron de tódalas lambonadas que poderíamos comer se visitásemos o Reino Unido. Xa me tarda... E mesmo coñecían esa torre tan pintoresca que ten un reloxo (Big Ben)...  O Reino Unido xa non ten segredos para esta rapazada.


O outro grupo levounos de paseo por Alemaña. Tiñan a maleta ben feita. Non lles faltou nada... Este grupiño de comer tamé sabía... Boa mostra foi o seu Restaurant Galizisch, unha auténtica delicia!! E mesmo tiveron a valentía de reproducir a famosa Porta de Brandeburgo.


Pois ata aquí chegou a viaxe!! 

Foi un auténtico placer compartir esta aventura con vós!!!🛪

 Agardamos que vos gustase!!!!

luns, 8 de xuño de 2026

A viaxe a través da rapazada de infantil!!!

Se esta viaxe que nos une foi emocionante, a experiencia mellora a través da mirada da nosa rapazada de infantil. Hoxe o alumnado de 5º de E.I. levou a compañeiros e compañeiras de ruta por Francia e Italia: falaron o idioma, da comida típica, dos monumentos, de artistas...

 




Contáronno todo coa ilusión que solamente eles teñen. Foi un auténtico pracer!!


Earth Day

A rapazada de 5º elaborou un mural para chamar a nosa atención. Está adicado ao Día Mundial do Medio Ambiente. Para iso simularon un fondo marino cheo de coloridos Tropical Fish, elaborados con disintios materiais: cartulinas, témepras, pastel.




O obxectivo está claro: non esquecelo, da mesma forma que non debemos esquecer a beleza do nosos planeta e que debemos cuidalo para que así siga.


venres, 5 de xuño de 2026

Entre arte anda a rapazada

A viaxe que nos une levou ao noso alumnado a viaxar e coñecer linguas, costumes comidas e... ARTE!!! Coñeceron museos, artistas, estilos e obras... Pero non se conformaron con iso... A rapazada de infantil foi un paso máis alá: deulle vida ás obras que coñeceron ata facelas falar!!!

Os nenos e nenas de 5º de Infantil decoraron distintos animais inspirados en Romero Britto. Aquí tedes un exemplo:

Pola súa banda, os nenos e nenas de 4º de Infantil, deronlle voz a Puppy, representante do Museo Guggenheim de Bilbao.

O resultado foi do máis creativo!!! Temos a escola chea de artisas!!

Agardamos que vos guste!!!

martes, 2 de xuño de 2026

Investigando o patio

O alumnado de 4º EI sae a disfrutar do patio e do novo tempo que nos acompaña e a resolver unha misión importante: atopar flores!!! Para que?

Agora ides ver... Resulta que mentres choveu traballaron arreo nunha actividade moi creativa: preparar uns fermosos xarróns.



 

Pero que sería deles sen unha bonita flor? Alá foron, a buscar floriñas para decorar e despois cunha pouca de axuda tecnolóxica: unha tablet e unha aplicación que as recoñecese, aprenderon o seu nome!!! 

De agora en diante, cando paseen, xa serán quen de recoñecelas e nomealas.