CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2026

Feliz e orgulloso verán!!


Son moitos os cambios que se teñen producido nos últimos anos nos comportamentos sociais, cambios que tamén afectan o papel da educación e a percepción que a sociedade ten desta. Entre eses cambios cabe destacar o uso xeneralizado das tecnoloxías da información e da comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá, que está a modificar a maneira en que as persoas participan na sociedade, e as súas capacidades para construír a propia personalidade e para aprender ao longo da vida.

O sistema educativo galego non pode permanecer alleo a estes continuos cambios que deben ter un reflexo na aprendizaxe das persoas ao longo da vida, con diferentes enfoques para adaptar a formación aos requisitos actuais e futuros. Entre os moitos enfoques que hai que ter presentes destacan os dereitos da infancia como principio reitor; a igualdade de xénero a través da coeducación e a aprendizaxe da igualdade efectiva de mulleres e homes, a prevención da violencia de xénero e o respecto á diversidade afectivo-sexual (...)

A sociedade no seu conxunto reclama un sistema educativo moderno, menos ríxido, máis aberto, multilingüe e cosmopolita, que desenvolva todo o potencial e o talento do alumnado. 

(DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.)

Por todo isto e por que cremos que toda a diversidade convive na nosa escola  e así ha de ser,  adicamos o último mural á última conmemoración do curso: 28 de Xuño, día Internacional do Orgullo LGTBIQ+.

 

 

Co desexo de deixarlles unha sociedade máis igualitaria e inclusiva, na que cada persoa poida amar e expresarse libremente, pois o amor é o motor que move o mundo, despedimos este curso 2025/2026!!!!
 
 
Feliz e orgulloso verán!!!!

xoves, 28 de maio de 2026

Seguinte parada!!!

O noso primeiro destino deste segundo día de aventura lévanos a lugares remotos con vistas incríbles. Canadá demostra que as montañas poden convertirse nun auténtico paraíso. A capital do oso polar e do sirope de arce, non vos defraudará!!!

De seguido avanzamos e coma se dunha superprodución cinematográfica se trase, aterrizamos de cheo en Estados Unidos!!! 

O gran soño americano conta coas paisaxes desérticas máis impresionantes do mundo, pasando pola inmensidade da natureza de Alaska, parando a repoñer enerxías nalgún diner, onde atoparemos unha gran variedade de pratos populares listos para ser devorados.

Se os antigos maias elixiron México para establecer o seu imperio non foi por azar. O país dos mariachis, a comida picante e as pirámides ten moito para ofrecer: dende o cacao a Frida Khalo, dende praias  de auga turquesa e area branca de Riviera Maya ata as inmensas selvas tropicais de Chiapas… Veña!! Xa vai sendo hora de que vaias a México

 


Sabías que no último destino de hoxe podes atopar case catro millóns de especies animais e vexetais? Abarcando case a metade de Sudamérica, xusto entre os dous trópicos, está Brasil, onde as condicións para que a vida se abra paso son perfectas. É por iso polo que en Brasil atopamos o pulmón do noso planeta: a Selva Amazónica. Grazas Brasil!!!! Obrigadas e obrigados!!


 Que tal o estades a pasar? Non vos estaredes mareando con tanto paseo!! Veña a descansar!!! Que aínda queda unha xornada máis!!! A última!!! Non esquezades levar e selar o voso pasaporte!!


xoves, 27 de novembro de 2025

Un lapbook moi vivo!

A rapazada de 4º de Primaria elabora un lapbook . A temática é a clasificación dos seres vivos en cinco reinos. 

Investigamos, coa axuda de tabletas, ordenadores e a pizarra dixital, accedendo a páxinas web educativas e a vídeos pedagóxicos. 

Nesta actividade combinamos a investigación con ferramentas dixitais e creación manual e creativa, tan importante!!!

       

 Agardamos que vos guste!


 

xoves, 13 de xuño de 2024

It's time for English!!!

Acabamos outro trimestre e con el despedimos o curso!!! 

Foi un trimestre animado, cheo de bo tempo, excursións, actuacións e... xogos!!! A nosa ferramenta favorita para aprender. Tívemolos de tódolos tipos.

Xogos de mesa...

Beebot...

Bloques de construcción...

Estoxos Mini arco...


Y entre xogo e xogo, e tirada e tirada, aínda quedou  tempo para facer o PIRATA!!! Todo pirata que se precie debe...🦜🏝

     ter a súa canción pirata!!


saber usar un mapa para atopar o tesouro!!


coñecer historias sobre outros piratas!!!
 

coñecer as profundidades marinas e as súas criaturas!!!

Tamén houbo tempo para a creatividade... Aquí algúns exemplos:


Libro cartoneiro, Flowers and bees, da rapazada de 5º de infantil.


E... a decoración do noso pasillo: The washing line, a cargo de 3º de primaria, ases da decoración.

     


 Bye!!👋🌊

luns, 27 de maio de 2024

TRABALLAMOS NO PROXECTO DE CENTRO

Para contribuír ao desenvolvemento do proxecto de centro, en 2º de primaria, realizamos diversas tarefas de investigación en distintos medios, postas en común, toma de decisións, redacción, escrita, actividades plásticas (colorear, recortar, pegar,...), medicións, etc.
Algunhas das figuras que traballamos foron María Pita ou Francis Drake, para o que tivemos que coñecer tamén a liña temporal e situalas na súa época correspondente.



xoves, 2 de maio de 2024

Happy World Book Day!

O martes pasado, 23 de abril, celebramos o día do libro con distintas actividades que tiveron lugar na nosa escola. 

Dende a materia de inglés organizamos unha votación do noso conto favorito, entre os contados en inglés durante o presente curso escolar.

 

Elaboramos e compartimos códigos QR, enlazados a eses videocontos, para escoitalos na casa.




Ao finalizar as votacións, toca reconto de votos. And the winner is... Os contos máis populares entre o noso alumnado son:

 

Felices Lecturas! Happy World Book Day!

venres, 22 de marzo de 2024

It's time for English!

Despedimos outro trimestre cunha pequenísima mostra do enorme traballo do noso alumnado.

A cativada de infantil encheu unha carpeta, que decorou de

 💮primavera.💮


Unha carpeta chea de creacións... as mellores? Os xogos!!

        
 
No día a día hai tempo para todo, para creatividade e para as rutinas diarias: o tempo, os nosos estados de ánimo...

   


E mesmo contar contos cartoneiros...

Primeiro e segundo de primaria escribiron postais de 🐰Pascua e Primavera🥀, cos seus mellores desexos!


  

 


E por último, pero non por iso menos importante... Terceiro!!! Estes grupos sempre teñen unha enorme responsabilidade: decorar o noso corredor. Neste caso, fixeron un mural de benvida a nova estación e pósters temáticos.


💮 Happy Spring!! 💮

xoves, 29 de febreiro de 2024

It's time for English!!!

Parece que foi onte cando comezaba o curso, pero o certo é que xa levamos meses rodando xuntos e dende entón fixemos moito... Aquí vos queremos mostrar unha pequena parte de tantísimas cousas que levamos feito...

En outubro traballamos contos de medo en inglés, o que nos levou a deseñar un mural que metía verdadeiro medo... O alumnado de 1º, 2º e 3º estivo ben aplicado!

Houbo Monstros con nome, Monstros de cor verde... Todos eles encheron un longo corredor... de cor e criaturas, cando menos curiosas. A todas elas, coma se dos nosos medos se tratara berrámoslle... Go Away!!! (Liscade!!!).

Deberon entender a nosa mensaxe... Liscaron e deron paso ao frío inverno!!! Afanámonos a facer cousas con neve, por todas partes e en todo tipo de materiais... Con moita ilusión de ver nevar....

Fixémoslle un mural...


E unha cidade nevada...

E ata postais con bonecos de neve!!!

Entre tanto traballo intenso chegou o Nadal, que.... non trouxo neve, pero trouxo as historias propias desta época do ano, que tamén inspiraron algún dos nosos traballos... Como a casiña do... Gingerbread man! Del pódevos falar a rapazada de 2º de primaria!

  

Se tiñamos ilusión por ver neve, non foi menos a ilusión por ver a Santa Claus!!! Antes de que o día chegase, elaboramos doorhangers, para as portas dos nosos cuartos. Tiñamos que facer todo o necesario por asegurarnos que parase nas nosas casas... E abofé que parou!!! Á volta das vacacións, boa parte do noso alumnado asegurou telo visto en mil sitios!!!
O alumnado de 1º encargouse dos doorhangers.


E coa volta á rutina, nun arbir e pechar de ollos... chegou o Entroido, que trouxo unha chea de ideas do máis divertidas, sempre!! O noso alumnado de seguro se caracteriza polo bo humor!!! 
Aquí unha mostra, dunha improvisación nunha clase de 3º.

Agora, preparámonos para a primavera... Non sabemos que nos deparará, pero de seguro que estaremos sempre argallando algo!! Xa volo amosaremos!!

See you soon!

martes, 21 de novembro de 2023

1º E 2º PRIMARIA NO TEATRO

O martes 14 asistimos ao espectáculo musical VAIA RITMO das actividades escolares de AFUNDACIÓN, Obra Social ABANCA.

Concerto de ODAIKO que, a través da sorpresa e con moito humor, presenta diferentes elememtos de percusión que nos levaron a divertirnos un montón.