CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

mércores, 10 de xuño de 2026

Feliz e orgulloso verán!!


Son moitos os cambios que se teñen producido nos últimos anos nos comportamentos sociais, cambios que tamén afectan o papel da educación e a percepción que a sociedade ten desta. Entre eses cambios cabe destacar o uso xeneralizado das tecnoloxías da información e da comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá, que está a modificar a maneira en que as persoas participan na sociedade, e as súas capacidades para construír a propia personalidade e para aprender ao longo da vida.

O sistema educativo galego non pode permanecer alleo a estes continuos cambios que deben ter un reflexo na aprendizaxe das persoas ao longo da vida, con diferentes enfoques para adaptar a formación aos requisitos actuais e futuros. Entre os moitos enfoques que hai que ter presentes destacan os dereitos da infancia como principio reitor; a igualdade de xénero a través da coeducación e a aprendizaxe da igualdade efectiva de mulleres e homes, a prevención da violencia de xénero e o respecto á diversidade afectivo-sexual (...)

A sociedade no seu conxunto reclama un sistema educativo moderno, menos ríxido, máis aberto, multilingüe e cosmopolita, que desenvolva todo o potencial e o talento do alumnado. 

(DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.)

Por todo isto e por que cremos que toda a diversidade convive na nosa escola  e así ha de ser,  adicamos o último mural á última conmemoración do curso: 28 de Xuño, día Internacional do Orgullo LGTBIQ+.

 

 

Co desexo de deixarlles unha sociedade máis igualitaria e inclusiva, na que cada persoa poida amar e expresarse libremente, pois o amor é o motor que move o mundo, despedimos este curso 2025/2026!!!!
 
 
Feliz e orgulloso verán!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario