CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

martes, 26 de maio de 2026

Embarcamos!!!!

Bos días a todas as persoas que hoxe viaxan con nós. A nosa tripulación quere darlles as grazas por elexir a nosa compañía para esta viaxe tan especial. A duración estimada será de tres días de exposicións. Viaxaremos por distintos países da man do noso alumnado.

Por motivos de seguridade  e para evitar interferencias recordámoslles que os dispositivos electrónicos deberán permanecer desconectados. Pregámoslles que garden a equipaxe de man nos compartimentos superiores ou debaixo do asento dianteiro, deixando saídas de emerxencia e corredores despexados.


Ahora por favor, abrochen o cinto de seguridade, manteñan o respaldo do asento en posición vertical e a mesita plegada para desfrutar dos destinos de hoxe: India, China, Xapón, Tailandia e Australia da man do alumnado de 5º e 6º.




Gracias pola súa atención e feliz viaxe.

venres, 22 de maio de 2026

Paso a Paso, tecla a tecla

O alumnado de 1º está de estrena. Trátase de xente que aprecia un bo reto. E a última aventura na que se embarcaron ten nome de aparello: Makey-Makey (tecla-tecla)...

De que estamos a falar? dunha nova ferramenta que a través da conductividade, e con axuda dunha placa conectada, simula un piano ou outro instrumento. Neste caso eliximos un piano. Usámolo para repasar dunha forma máis lúdica un vocabulario que consideramos xa fácil, porque levamos moitos días traballando... Pero vaiamos por pasos... 

 O primeiro que fixemos foi familiarizarnos: tocar e comprobar que algúns somos conductores de electricidade e outros non. Eso foi moi divertido!!!

Despois, aprendemos unha secuencia de vocabulario (cat-dog,dog-frog,frog-bird, turtle) que se convertiu en melodía.

E por último, por parellas, fixemos un dictado musical: un compi dictaba, outro compi tocaba.

 
 
Fixémolo xenial!!! E foi tan emocionante que de seguro que repetiremos ata dominalo!!!
 
Agardamos que vos guste tanto como a nós.

xoves, 21 de maio de 2026

A Viaxe de 1º A

O alumnado de 1º A quere compartir as experiencias vividas ao longo deste curso... 

Todas importantes, ningunha pode quedar atrás!! 

Escoitade con atención!!! Vaivos gustar!!!

Pequenos grandes pasos en Infantil

O alumnado de infantil está traballando os nomes dos animais en inglés, despois de cantar a canción "I have a pet" e de realizar distintas tarefas relacionadas co tema, levamos un reto á aula, que disfrutaron moito e no que demostraron que eles sempre dan un paso máis alá do que os maiores tiñamos pensado. 


O resultado foi xenial, pero... o mellor de todo? A súa actitude!!! Pois recibiron a proposta con moita emoción, polo que haberá que repetir. Ben o merecen!!!

Retrato


"Viviana vivía convencida de que sería posible, precisamente pola condición insular de Britania, un estado perfecto, de homes e mulleres libres, instruídos e calmos." escribía Begoña Caamaño na súa obra Morgana en Esmelle, e non podemos estar máis de acordo con ela.

Por iso, e por ser a persoa homonaxeada este ano no día das Letras Galegas, o noso alumnado escolleuna como musa dos seus retratos...


Agardamos que vos gusten!

mércores, 20 de maio de 2026

Lorna Simpson inspired project

A seguinte inspiración do noso alumnado é a artista Lorna Simpson.  Nada en Brooklyn, no seu traballo explora o concepto de identidade a través do cabelo como seña de identidade. Partindo deste concepto o noso alumnado está a elaborar un collage ao estilo Lorna, colorido, vistoso e reivindicativo! 

Así baixo o lema: Divírtete coas caras de Lorna Simpson, o alumnado selecciona caras de revistas e imaxina formas creativas para darlle máis vida:  engádenlle peiteados divertidos e incribles,  accesorios como sombreiros ou gafas...


                     

Agardamos que vos guste!

martes, 19 de maio de 2026

Ti a Kenya, eu a Madagascar!!!

Os nosos grupos de 2º, tras un curso enteiro informándose sobre o país asignado na Viaxe que nos une... Xa so lles quedaba levar toda esa información á materia de lingua estranxeira, na que tras o visionado de breves documentais para rapazada, nos que apreciaron a pronuncia, elaboraron uns minibooks de cada país...
      

 



 


xoves, 30 de abril de 2026

Hora do conto...

Se hai un conto que o noso alumnado coñece a perfección e nunha chea de linguas distintas é The very hungry caterpillar... Polo que lles propoñemos as máis diversas actividades para retar os seus coñecementos. 



Como ben sospeitades, fixérono xenial!!!

Agardamos que vos guste! 

luns, 27 de abril de 2026

Story Walk!!!

Polo día do libro, o alumnado de 3º saiu ao patio para dar un paseo algo atípico. Tratábase dun paseo literario (a story walk), é dicir, dar unha volta polo patio con cadanseu equipo e ler as distintas historias que imos atopando.

Aínda que as historias non estaban tan agochadas como a rapazada pensaba, e lles foi fácil atopalas, desfrutaron do aire libre, correndo e resolvendo.


É bastante probable que repitamos! Non o perdades!! Agardamos que vos guste!

mércores, 22 de abril de 2026

Georgia O'Keeffe inspired flowers

Como cada curso por esta época, cambiamos de trimestre, de estación... E os nosos corredores e aulas énchense de cor. Neste caso o alumnado da sección bilingüe, explora e recrea a obra da artista Georgia O'Keeffe, adicada á natureza na que evocaba o seu estado de ánimo. Ademais fixeron un recorrido por distintos exemplos das súas obras, nas que as flores son o centro, xa que a artista admiraba a súa beleza.

Asemade o alumnado aprendeu sobre arte abstracta, liñas, formas e cores, traballando estes aspectos coa técnica pastel.

Deixámosvos algúns exemplos dos resultados acadados. 


   

       

Agardamos que vos guste.

venres, 17 de abril de 2026

Thank you, Ms Sori!

O noso alumnado de terceiro segue a recibir noticias dende o continente americano. Esta vez a mestra, Ms. Sori, nada en New Jersey, tivo a boa vontade enviar unha presentación interactiva sobre a súa cidade. Nela compartiu fotos e audios das cousas máis representativas deste estado, xunto con algúns retos para que o noso alumnado investigase.




Se Ms. Sori nos propón un reto, nós... Aceptamos!!!!! Estas foron as achegas do noso alumnado!!!



Unha vez comprobadas as investigacións... Xa so queda dicir que esta viaxe está resultando moi emocionante!

Agardamos que vos guste!

martes, 14 de abril de 2026

Estreamos nova ferramenta!!!!

O alumnado de 6º estreou a cortadora láser do centro!!!! Atrévense con todo! Parabéns!!!!





 

Como podedes ver nas imaxes, deseñaron uns letreiros para as aulas, relativos aos países asignados a cada grupo e unhavez deseñados: gravaron e cortaron na cortadora láser. Seguen traballando en novos proexctos, que pronto vos ensinaremos.

Agardamos que vos guste!!!

mércores, 8 de abril de 2026

Bandeiras

 
Esta Viaxe que nos une, lévanos a coñecer países e as súas bandeiras, entre outros datos. Neste caso, o alumnado de terceiro grazas á robótica, profundizou na linguaxe de programación e aprendeu a recoñecer bandeiras dos diferentes países que se están traballando no proxecto de centro.

 


martes, 7 de abril de 2026

Robótica e grafismo creativo: dos en 1!!!

O alumnado de infantil segue a traballar co robot. Desta volta, o alumnado de 5º de Infantil unificou o uso da técnica de “grafismo creativo” co manexo do robot: EARL2. Programamos o robot para chegar a cada símbolo e despois os trazamos nas nosas flores coa cor indicada. Dándolle cor así as nosas flores de primavera.



luns, 6 de abril de 2026

Flores para Rosalía

Como cada mes de febreiro, conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, coa elaboración de flores que intercambiar entre o alumnado; flores con versos.


 
 
 

venres, 27 de marzo de 2026

Matatalab

Tras unha breve iniciación no mundo da robótica da man do Beebot e do EARL 2, a rapazada de 5º C anímase a subir de nivel. Hoxe fixeron unha pequena incursión no mundo de Matatalab, da man do Coding set.

Esta ferrmenta lúdica ensínalles a codificar coa axuda de fichas de cores que o alumnado coloca nun taboleiro. A torre de control visuliza o código que o alumnado programa para realizar o circuito e o robot executa as instruccións dictadas.

Para acadar unha boa comprensión do manexo da ferramenta e con intención de introducila na nosa vida escolar, o alumnado elaboraba os circuitos e logo as instruccións e viceversa. 

Agardamos que guste!!!