Bos días a todas as persoas que hoxe viaxan con nós. A nosa tripulación quere darlles as grazas por elexir a nosa compañía para esta viaxe tan especial. A duración estimada será de tres días de exposicións. Viaxaremos por distintos países da man do noso alumnado.
Por motivos de seguridade e para evitar interferencias recordámoslles que os dispositivos electrónicos deberán permanecer desconectados. Pregámoslles que garden a equipaxe de man nos compartimentos superiores ou debaixo do asento dianteiro, deixando saídas de emerxencia e corredores despexados.
Ahora por favor, abrochen o cinto de seguridade, manteñan o respaldo do asento en posición vertical e a mesita plegada para desfrutar dos destinos de hoxe: India, China, Xapón, Tailandia e Australia da man do alumnado de 5º e 6º.
Gracias pola súa atención e feliz viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario