A seguinte inspiración do noso alumnado é a artista Lorna Simpson. Nada en Brooklyn, no seu traballo explora o concepto de identidade a través do cabelo como seña de identidade. Partindo deste concepto o noso alumnado está a elaborar un collage ao estilo Lorna, colorido, vistoso e reivindicativo!
Así baixo o lema: Divírtete coas caras de Lorna Simpson, o alumnado selecciona caras de revistas e imaxina formas creativas para darlle máis vida: engádenlle peiteados divertidos e incribles, accesorios como sombreiros ou gafas...

Agardamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario