CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

luns, 14 de outubro de 2024

Back to school!!!!!

 BACK TO SCHOOL!!!!

Prezadas familias estamos de volta!!! O alumnado xa está rodando... Estas son as súas primeiras produccións...

Se as casas se empezan dende abaixo, en infantil aprendemos a presentarnos e dicir o noso nome:

O alumnado de primaria estrou o corredor co seu primeiro mural "Every Crayon is Unique".


Tamén o alumnado de 5º e 6º emepeza a rematar as primeiras produccións:cartaces coas normas de clase e tarxetas dos materiais que poderiamos necesitar na clase de Arts & Crafts.










Agardamos que vos guste esta pequeniña mostra do gran traballo que fan.

mércores, 2 de outubro de 2024

mércores, 19 de xuño de 2024

2 islands, 1000 stories

O alumnado de terceiro realizou un libro propio, en inglés, sobre a Illa de San Simón, a natureza e a historia. O resultado foi verdadeiramente profesional.

Trátase dun (audio)libro no que o alumnado abordou os distintos oficios da fase do libro: ilustradores, escritores e, neste caso, tamén lectores.

No cole temos a versión física, que compartimos coa comunidade educativa a través dunha versión dixital:

Parabéns polo traballo realizado!!! 👏👏👏👏👏

sábado, 15 de xuño de 2024

A NOSA COLLEITA

Somos as nenas de 5ª B e na materia de Competencial plantamos unhas leitugas lisas, rizas e folla de roble. Despois plantamos  pementos de Padrón, que uns pican e outros non e tamén tomates Cherry .

Tivemos que ir todos os días a regar.

Pasaron dous meses e xa recollemos as nosas leitugas .

Esperamos recoller pronto os pementos.

As leitugas estaban deliciosas. Foi moi divertido !!




venres, 14 de xuño de 2024

ROBOT ARTICULADO

Somos unhas nenas de 5º, chamámonos Amina e Islame e fixemos un robot articulado. Utilizamos  carton, pintura negra e papel.     

O primeiro paso foi coller carton e facer dúas pernas, para que se movan puxemos dous buracos en cada lado da perna. Tamén collemos un trozo de cartolina e enrollámola. Collemos as dúas pernas e coa cartolina poñemos en cada lado da perna e así móvense.

Despois, para facer o corpo  fixemos un cadrado, ao terminar o corpo facemos os brazos , son como as pernas so que mais pequenos.  

E para terminar o robot facemos a cara que é tamen con cartón para que teña unha cabeza asi fixémola en 3D. 

Para decorarlo pintámolo de negro e puxémoslle nas dúas pernas e nas mans trozos de papel.

Este é o noso robot articulado esperamos que vos gustase.


Tamen fixemos unha noria con paus de cores de diferentes tamaños. Engadímoslle luz na base cun circuíto eléctrico. 


Pasámolo xenial facendo estes proxectos!

xoves, 13 de xuño de 2024

It's time for English!!!

Acabamos outro trimestre e con el despedimos o curso!!! 

Foi un trimestre animado, cheo de bo tempo, excursións, actuacións e... xogos!!! A nosa ferramenta favorita para aprender. Tívemolos de tódolos tipos.

Xogos de mesa...

Beebot...

Bloques de construcción...

Estoxos Mini arco...


Y entre xogo e xogo, e tirada e tirada, aínda quedou  tempo para facer o PIRATA!!! Todo pirata que se precie debe...🦜🏝

     ter a súa canción pirata!!


saber usar un mapa para atopar o tesouro!!


coñecer historias sobre outros piratas!!!
 

coñecer as profundidades marinas e as súas criaturas!!!

Tamén houbo tempo para a creatividade... Aquí algúns exemplos:


Libro cartoneiro, Flowers and bees, da rapazada de 5º de infantil.


E... a decoración do noso pasillo: The washing line, a cargo de 3º de primaria, ases da decoración.

     


 Bye!!👋🌊

venres, 7 de xuño de 2024

COMO REACIONAN AS BACTERIAS

Son unha nena de 5ºB, chámome Valentina Veiga e fixen un experimento que funciona botándolle auga a un recipente.
Con goma Eva construín a silueta dunha casa, cortei unha tira pola metade, cun pauciño boteille Fairy e as bacterias empurraron a goma Eva.
Paseino moi ben!!!

Construimos historia!

Este trimestre os alumnos/as de 4ªA  traballamos a historia e as súas etapas, ademáis de buscar información e elaborar diferentes traballos, fixemos estas fantásticas maquetas.

xoves, 6 de xuño de 2024

VOLCÁN

Somos 3 nenas de 5ºB  que nos chamamos: Nerea, Aldara e Lola.

Xuntámonos para facer  un volcán.

Cando xa o  tiñamos feito utilizamos: bicarbonato, vinagre branco, Fairy e colorante.

Cando mesturamos todo fíxose unha reacción química e saiu un líquido branco polo cráter.

Foi unha esperiencia inolvidable !!! 

TORRE DE PAPEL

Nós, seis nenos de 5º B, fixemos un proxecto que pode co peso dun adulto.

1º Cuns paus de madeira, e con cola branca, fixemos aproximadamente 150 tubos de papel!!!

2º Calculamos a metade, e medimos 10 cm para cada lado,  marcábamolos con rotulador. Despóis cortábamos o marcado e acumulábamos os tubos.

3º Collemos os tubos e con silicona  pegámolos para facer a base. Máis tarde, pegámolos para arriba facendo cubos.

4º Pegamos un tubo dende unha punta de arriba ata a outra.

5º Finalmente dúas nenas subíronse á vez, e resistiu o peso.

Se bos preguntades como pode aguantar contareivos que  fixémolo en estrutura triangulada, xa que o triángulo é a forma xeométrica que máis reparte o peso.

Foi un proxecto moi difícil, pero moi divertido.

Agardamos que vos interesase.

martes, 28 de maio de 2024

EXPERIMENTAMOS COA ENERXÍA

En 6º de primaria experimentamos coa enexía facendo os nosos proxectos.

Podes ver os traballos accedendo á nosa Páxina web en "TV NEGUEIRÓS" ou premendo na imaxe.

luns, 27 de maio de 2024

TRABALLAMOS NO PROXECTO DE CENTRO

Para contribuír ao desenvolvemento do proxecto de centro, en 2º de primaria, realizamos diversas tarefas de investigación en distintos medios, postas en común, toma de decisións, redacción, escrita, actividades plásticas (colorear, recortar, pegar,...), medicións, etc.
Algunhas das figuras que traballamos foron María Pita ou Francis Drake, para o que tivemos que coñecer tamén a liña temporal e situalas na súa época correspondente.



EN 1º APRENDEMOS OS PLANETAS

Fixemos coas nosas familias  traballos relacionados co Sistema Solar. Tamén realizamos traballos en clase en equipos cooperativos, buscando a información a través de internet, libros e apuntes, recolléndoa e plasmándoa en "Lapbook".




EN 5º DE PRIMARIA ELABORAMOS UN VOLCÁN DE LAVA

NECESITAMOS:

150 ml de auga

150 ml de aceite

Colorante alimenticio (azul, vermello,…)

Pastillas efervescentes ou bicarbonato sódico.

ELABORACIÓN:

Botamos a auga nun frasco e despois engadimos o aceite. A continuación introducimos o colorante alimenticio e remexemos.

Para finalizar botámoslle as pastillas efervescentes ou o bicarbonato a esta mestura.

RESULTADO:

A mestura comezará a burbullar e botará por fora a “lava”.


xoves, 23 de maio de 2024

TRABALLO SOBRE A CÉLULA

 En 5º e 6º de Primaria realizamos traballos sobre a célula.

  • Primeiro buscamos información sobre as características das células tanto vexetais 
  • como animais. Características das súas partes e a función que desempeñan.
  • Visionamos vídeos de como construír as nosas maquetas.
  • Por equipos construímos as maquetas utilizando distintos materiais.
  • Realizamos Exposición orais na aula ,que despertaron unha enorme expectación.
  • Por último realizouse unha exposición das nosas maquetas nos corredores.


Foi unha experiencia moi divertida e interesante!!

martes, 21 de maio de 2024

DESIGN A CITY (CONSTRÚE E DESEÑA A TÚA CIDADE)

En quinto de primaria en inglés realizamos un mini-proxecto sobre a creación dunha cidade real ou imaxinaria.

Para eso fixemos:

  1. Design a map of the city or build a small city (deseño dun mapa ou maqueta dunha cidade)
  2. Design a leaftlet of a city with interesting information about it (deseño dun folleto dunha cidade utilizando vocabulario con información relevante traballado na clase)
  3. Oral presentation of the city (exposición oral de cada cidade)



4º INFANTIL NA HORTA ESCOLAR

O alumnado de 3 anos (4º infantil), ademais da horta e os seus cultivos, traballamos a alimentación saudable.

1.- Presentación a través de imaxes de diversos cultivos, de distintas froitas e verduras, de diferentes alimentos... e situámolos no semáforo da alimentación (verde o que podemos comer todos os días, amarelo o que podemos comer algunha vez a semana e vermello o que comeremos de forma ocasional)

2.- Visita e preparación da nosa horta: estaba chea de malas herbas polo que fixemos unha chuvia de ideas para pensar entre todos como deberiamos preparar a terra para plantar as nosas plantas.

3.- Observación e recoñecemento das plantas que imos cultivar: leitugas, tomates (cherry e de corazón), pementos de padrón, cebola, entre outros. Abonamos a terra, plantámolas e regamos.

4.- Elaboración das etiquetas dos nosos cultivos.

5.- Realización de fichas sobre o proceso de xerminación dos cultivos e  as diferentes partes das plantas.

6.- Rexistro dos que días imos regar e dos días de choiva.

7.- Realización de debuxos sobre como son as nosas plantas, como medran,...

8.- Emprego de fotografías dos nosos cultivos para facer xogos do bee-bot sobre vocabulario en  castelán, galego e inglés.

Nunha das visitas para regar atopámonos con que as leitugas desapareceran, polo que fixemos unha pequena investigación e descubrimos os caracois; tivemos que plantar de novo e buscar que podiamos facer para que non as volvesen comer (cambiámolas de sitio e botamoslle sal ao redor para que non se acercasen).