O noso primeiro destino deste segundo día de aventura lévanos a lugares remotos con vistas incríbles. Canadá demostra que as montañas poden convertirse nun auténtico
paraíso. A capital do oso polar e do sirope de arce, non vos defraudará!!!
De seguido avanzamos e coma se dunha superprodución cinematográfica se trase, aterrizamos de cheo en Estados Unidos!!!
O gran soño americano conta coas paisaxes desérticas máis impresionantes do mundo, pasando pola inmensidade
da natureza de Alaska, parando a repoñer enerxías nalgún diner, onde atoparemos unha gran variedade de pratos populares listos para ser devorados.
Se os antigos maias elixiron México para establecer o seu imperio non foi por azar. O país dos mariachis, a comida picante e as pirámides ten moito para ofrecer: dende o cacao a Frida Khalo, dende praias de auga turquesa e area branca de Riviera Maya ata as inmensas selvas tropicais de Chiapas… Veña!! Xa vai sendo hora de que vaias a México.
Sabías que no último destino de hoxe podes atopar case catro millóns de especies animais e vexetais? Abarcando case a metade de Sudamérica, xusto entre os dous trópicos, está Brasil, onde as condicións para que a vida se abra paso son perfectas. É por iso polo que en Brasil atopamos o pulmón do noso planeta: a Selva Amazónica. Grazas Brasil!!!! Obrigadas e obrigados!!
Que tal o estades a pasar? Non vos estaredes mareando con tanto paseo!! Veña a descansar!!! Que aínda queda unha xornada máis!!! A última!!! Non esquezades levar e selar o voso pasaporte!!




Ningún comentario:
Publicar un comentario