CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

xoves, 30 de outubro de 2025

SAMAÍN EN 5ºC DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 5º C decoramos a nosa aula

enchemos de tumbas o noso cemiterio

e viñemos disfrazados terrorificamente

Happy Halloween

Finalizando Outubro a escola énchese de criaturas, seres do máis terrorífico... Mete medo!! O alumnado das seccións bilingües, con moito arte, traballaron a simetría e o espacio positivo/negativo, cun fantástico resultado: Halloween positive/negative Art.







Pero non todo van ser criaturas!!! Sen dúbida, non podiamos deixar de decorar as nosas Pumpkins. Desta vez estiveron inspiradas en Romero Britto.



 

Agardamos que vos guste!

martes, 21 de outubro de 2025

Happy Diwali!

Dende o proxecto de centro "A viaxe que nos une", este curso teremos a sorte de viaxar por continentes, países, culturas e tradicións. Onte comezou o Diwali, Festival da Luz, a festa máis importante da India. O noso alumnado das seccións bilingües achegouse a esta celebración a través do Rangoli, técnica de debuxo de distintos patróns cheos de cor, que xa decoran os nosos corredores.



mércores, 15 de outubro de 2025

MAQUETAS 5º PRIMARIA

 Os alumn@s de 5ºC construímos maquetas de células eucariotas. 
Os nosos traballos quedaron así de ben.           


Como somos moi traballadores tamén construímos maquetas do Sistema Solar.
Son uns traballos espectaculares!

HORTA ESCOLAR DE 5º

 Os nenos e nenas de 5º C comezamos a traballar na nosa horta.

Fertilizamos a terra e xa plantamos produtos de inverno.

mércores, 8 de outubro de 2025

Estamos de volta!

Queridas Familias,

Xa estamos de volta e neste mes que levamos xuntos, xa collemos ritmo. Demos a benvida a un novo curso... E a unha nova estación!


Presentámonos.

E lembramos saberes que tiñamos gardados na nosa memoria.


Agora xa estamos listos para entrar en materia!! 
Aquí estaremos para amosárvolo! 
Agardamos que vos guste!


xoves, 5 de xuño de 2025

Viaxamos por Europa co Robot Coding Set

 Xa dominado o Robot Coding Set, levámolo ao noso terreo. Que pode haber máis divertido que viaxar? Con este pequeno axudante coñecemos o relevo de Europa (montes, ríos, mares… ), deixamos Galicia e eliximos diferentes destinos onde levalo.

Outra aventura moi ben aproveitada!!!

mércores, 4 de xuño de 2025

Retos con Robot Coding Set

 Unha vez familiarizado coas novas ferramentas, o noso alumnado sube un chanzo na escaleira da súa aprendizaxe. A rapazada de 5º e 6º pasou de superar os retos propostos polo profesorado, a ser quen de facer os  seus propios, relacionados cos contidos traballados nas distintas áreas e proporllos aos compañeiros e compañeiras segundo o lugar ao que decidan levar o robot.


Teñen o mellor que se pode ter: ganas de aprender!!

luns, 2 de xuño de 2025

Women in Photography

Dende as seccións bilingües quixemos facer a nosa pequena achega ao proxecto de centro: Mulleres que fan Historia. Deste modo, dende Educación visual e plástica, e como punto final a unidade didáctica sobre Dora Maar, o alumnado mergullouse na web: https://www.womenphotograph.com/, onde puido gozar de milleiros de fotos realizadas por fotógrafas do mundo, e escoller a súa favorita.

Coa nosa selección, fixemos unha Lightbox Gallery colaborativa, na aula virtual, que plasmamos fisicamente no noso libro de fotógrafas.



Agardamos que vos guste!
📷

martes, 27 de maio de 2025

E chegou Maio

Chegou maio á escola, que rápido pasou o curso, xa non queda nada...

Neste programa de radio imos falar da tradición de 1 de Maio, a súa historia, o seu porqué...

Outras celebracións propias deste mes son o día da nai, o 2 de Maio na comunidade de Madrid...

Pero se algo festexamos neste mes é ... O día das Letras Galegas, que neste ano homenaxea ás cantareiras, que gardaron a poesía poular oral, representadas por Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema.

Se queredes saber que outras datas importantes hai neste mes, que significa Green washing... e tantas outras curisosidades sobre pesticidas e refráns, escoitade atentamente!!



Grazas unha vez máis por escoitarnos!!

Un saúdo agarimoso.

luns, 26 de maio de 2025

A electricidade

Nas últimas semanas o alumnado de 6º abordou o tema da electricidade, dende distintas perspectivas. En primeiro lugar comprobou o significado de condutividade. Experimentou con distintos materiais, comprobando se eran condutores de  electricidade, coa axuda dunha nova ferramenta: tecla-tecla.

A continuación participaron na elaboración de circuítos eléctricos con cinta condutora en diferentes padróns.


 
Foron dúas sesións de actividades con materiais manipulábeis, nas que o alumnado manexou distintos materiais co obxecto de aprender, explorar e desenvolver habilidades motoras finas, e durante as aprendeu dunha maneira práctica e divertida.

As actividades con material manipulábel ofrecen beneficios como: o desenvolvemento de habilidades motoras finas, o desenvolvemento da coordinación ollo-mano, a estimulación cognitiva, o desenvolvemento de habilidades sociais, a mellora da atención e concentración e a mellora da independencia funcional.

Agardamos que vos gustase!! 💡