CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

mércores, 26 de febreiro de 2025

ENTROIDO 2025

 XOVES VEN COMO QUEIRAS

martes, 25 de febreiro de 2025

ENTROIDO 2025


MÉRCORES

luns, 24 de febreiro de 2025

ENTROIDO 2025

O MARTES UN PANO NA CABEZA E UNHA SAIA

Obradoiro de fotografía

Desta vez, recibimos a visita do mestre Demetrio, que volveu ás aulas do Padín para facernos un obradoiro, no que falou sobre a evolución da cámara escura e deunos unhas pautas para poder elaborar a nosa. Grazas por compartir o teu tempo e saber con nós!



  
                                          

            


venres, 21 de febreiro de 2025

mércores, 12 de febreiro de 2025

Programa pola Paz

Neste programa traballamos o noso proxecto de Centro no apartado de Radio Proxecto. Hoxe falamos das mulleres que foron galardoadas co Nobel da PAZ.

Como o noso programa de hoxe versa sobre "A Paz" imos recitar un poema ben fermoso de Niemöler e ademais leremos "Carbón para Mike" unha fermosa historia de solidariedade.

Desexamos que gocedes do programa, tanto como gozamos nós ao facelo.

Unha aperta agarimosa dende O CEIP Manuel Padín Truiteiro de Arcade en Soutomaior.

venres, 7 de febreiro de 2025

Día escolar da Non violencia e da Paz

O alumnado de 5º e 6º de EP, dende as seccións bilingües, estivemos estes días deseñando bandeiras de Palestina para conmemorar o Día da Paz e pedir o fin da violencia contra o pobo palestino.🕊☮




 


Outros cartaces contiñan distintos símbolos da paz. Tanto bandeiras como símbolos estiveron acompañados de palabras de paz, ditas por persoas gañadoras do Nobel da Paz.

 




martes, 28 de xaneiro de 2025

David goes to school

Este é un dos contos máis populares entre o alumnado máis novo do centro, tanto é así que xa o saben contar eles.


Agardamos que vos guste!

luns, 27 de xaneiro de 2025

Xaneiro dende Radio Negueirós!

Estamos xa en Xaneiro, escomenzando o 2º trimestre, e a nosa radio continúa coa súa andaina, escomenzamos con Radio Proxecto e as super heroínas de Galicia do século XX.

Falamos das heroínas da Illa de Sálvora, na Ría de Arousa. Eran mulleres valentes, afoutas: Ciprina, de 24 anos; Josefa, de 16 anos, e María, de 14 anos, que fixeron tres viaxes para rescatar aos náufragos do Santa Isabel, arriscando a súa propia vida.


En Ribadavia temos ás irmás Touza, que axudaron a pasar a Portugal a moitas persoas perseguidas.

Informamos tamén de: Que pasou en Xaneiro?
E imos coñecer como fai o burro, a ovella, o can, o corvo e máis, todo isto para saber máis GALEGO!

martes, 7 de xaneiro de 2025

Chegou o Inverno...

Chegou o inverno... e no cole vaise notando nos traballos, nos xogos, nas cantigas... no ambiente!!!

Pero isto non queda aquí! 

Aburiño!

mércores, 18 de decembro de 2024

Decembro en Radio Negueirós

Xa chega o fin do trimestre!! Estamos xa en decembro con poucas chuvias e cos días curtos.

Hoxe falamos dunha muller que non coñeciamos: Genma Nierga. Estade moi atentos e atentas, pois a súa vida é moi interesante.



martes, 10 de decembro de 2024

Debuxamos como Yayoi Kusama

Se a nosa primeira obra de arte foi un graffiti, inspirándonos na artista afgá Samsha Hassani, o seguinte paso foi uns motivos de outono inspirados en Yayoi Kusama.

Tras debuxar cadansúa infinity net, sobre ela pegamos un motivo vexetal (pumpkins and mushrooms), debuxado, recortado e decorado co motivo máis característico da artista: os polka dots.




Quedounos ben vistoso! Dará cor aos nosos corredores ata chegar o inverno...

Mentres agardamos e preparamos a decoración de Nadal, hai quen atopa un anaco para desbordar creatividade na tarefa Think outside the box:

Esta non é unha silla. É...


Isto non é unha taza. É... Nin un paraugas. É...un casco!!!!






Bo traballo!



martes, 3 de decembro de 2024

Goodbye Autumn!

Despedimos o outono, que na nosa escola pasou voando entre tarefa e tarefa. Abofé que o noso alumnado estivo ben ocupado...

Aprendemos as cores do outono, os froitos... Con cantigas e xogos...



Apreciamos paisaxes de outono, convertidos en quebracabezas.


E mesmo contamos contos, contos que escribiron outros...

E contos feitos por nós!!! Contos que despois de coloreados e decorados, ben merecen ser contados!

Os días pasan e vai chegando o inverno... Pero ese... Xa é outro conto!

Bye🍂🎃

luns, 2 de decembro de 2024

25 N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres

O 25 de novembro na nosa escola lembramos o por que dese día, da visión patriarcal que levou á matanza das irmáns Mirabal, as volvoretas da liberdade.

Hoxe en día segue a haber moitas irmáns Mirabal, mulleres que viven nun mar de bágoas escondidas.

As mulleres só queren IGUALDADE, e dende a nosa escola tentamos que así sexa, educando ao noso alumnado na IGUALDADE.