Estamos xa en Xaneiro, escomenzando o 2º trimestre, e a nosa radio continúa coa súa andaina, escomenzamos con Radio Proxecto e as super heroínas de Galicia do século XX.
Falamos das heroínas da Illa de Sálvora, na Ría de Arousa. Eran mulleres valentes, afoutas: Ciprina, de 24 anos; Josefa, de 16 anos, e María, de 14 anos, que fixeron tres viaxes para rescatar aos náufragos do Santa Isabel, arriscando a súa propia vida.
En Ribadavia temos ás irmás Touza, que axudaron a pasar a Portugal a moitas persoas perseguidas.
Informamos tamén de: Que pasou en Xaneiro?
E imos coñecer como fai o burro, a ovella, o can, o corvo e máis, todo isto para saber máis GALEGO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario