CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR
venres, 7 de febreiro de 2025
Día escolar da Non violencia e da Paz
martes, 28 de xaneiro de 2025
David goes to school
Este é un dos contos máis populares entre o alumnado máis novo do centro, tanto é así que xa o saben contar eles.
Agardamos que vos guste!
luns, 27 de xaneiro de 2025
Xaneiro dende Radio Negueirós!
Estamos xa en Xaneiro, escomenzando o 2º trimestre, e a nosa radio continúa coa súa andaina, escomenzamos con Radio Proxecto e as super heroínas de Galicia do século XX.
Falamos das heroínas da Illa de Sálvora, na Ría de Arousa. Eran mulleres valentes, afoutas: Ciprina, de 24 anos; Josefa, de 16 anos, e María, de 14 anos, que fixeron tres viaxes para rescatar aos náufragos do Santa Isabel, arriscando a súa propia vida.
En Ribadavia temos ás irmás Touza, que axudaron a pasar a Portugal a moitas persoas perseguidas.
Informamos tamén de: Que pasou en Xaneiro?
E imos coñecer como fai o burro, a ovella, o can, o corvo e máis, todo isto para saber máis GALEGO!
martes, 7 de xaneiro de 2025
Chegou o Inverno...
Chegou o inverno... e no cole vaise notando nos traballos, nos xogos, nas cantigas... no ambiente!!!
Pero isto non queda aquí!
Aburiño!
mércores, 18 de decembro de 2024
Decembro en Radio Negueirós
martes, 10 de decembro de 2024
Debuxamos como Yayoi Kusama
Se a nosa primeira obra de arte foi un graffiti, inspirándonos na artista afgá Samsha Hassani, o seguinte paso foi uns motivos de outono inspirados en Yayoi Kusama.
Tras debuxar cadansúa infinity net, sobre ela pegamos un motivo vexetal (pumpkins and mushrooms), debuxado, recortado e decorado co motivo máis característico da artista: os polka dots.
Quedounos ben vistoso! Dará cor aos nosos corredores ata chegar o inverno...
martes, 3 de decembro de 2024
Goodbye Autumn!
Despedimos o outono, que na nosa escola pasou voando entre tarefa e tarefa. Abofé que o noso alumnado estivo ben ocupado...
Aprendemos as cores do outono, os froitos... Con cantigas e xogos...
Apreciamos paisaxes de outono, convertidos en quebracabezas.
E mesmo contamos contos, contos que escribiron outros...
E contos feitos por nós!!! Contos que despois de coloreados e decorados, ben merecen ser contados!
Os días pasan e vai chegando o inverno... Pero ese... Xa é outro conto!
Bye🍂🎃
luns, 2 de decembro de 2024
25 N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres
As mulleres só queren IGUALDADE, e dende a nosa escola tentamos que así sexa, educando ao noso alumnado na IGUALDADE.
venres, 15 de novembro de 2024
Solidaridade con Valencia
Hoxe dende Radio Negueirós, a radio que fala coma Nós!,
queremos contarvos o apenados que estamos co que aconteceu en Valencia.
Como escola e como Comunidade Educativa tiñamos que facer algo e neste programa contámosvos, ademais de falar do noso proxecto de Centro, de moitas máis cousas moi interesantes para todas e todos nós.
Grazas por escoitarnos!!!
martes, 12 de novembro de 2024
Primeiros pasos...
Tras unhas breves actividades iniciais, nas que...
Acordamos normas...
luns, 11 de novembro de 2024
1º podcast da tempada!!!!
En radio esperanza falamos das nosas esperanzas de axudar a crear un mundo mellor. Ogallá poidamos facelo!
En radio natureza hoxe toca falar das abellas!!
En radio historia falaremos da perda de apelidos galegos ao longo da historia.
Finalmente, dende radio valores falaremos das normas de convivencia na escola e fóra dela.
Desexamos que gocedes del e que vos guste. Grazas por escoitarnos!
martes, 5 de novembro de 2024
This is Halloween!
Dende o departamento de Inglés adicamos a semana a distintas actividades temáticas.
O alumnado de infantil disfrutou decorando: pumkins, monsters e spiders, con plastilina.
Tamén completaron puzzles de criaturas típicas deste tempo.
Sen esquecer o lado máis artístico, tamén houbo tempo de pincel.




















.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)































