CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

CEIP MANUEL PADIN TRUITEIRO - SOUTOMAIOR

luns, 20 de maio de 2024

APRENDEMOS SOBRE MONUMENT0S DE GALICIA

En terceiro de primaria traballamos sobre os monumentos máis importantes de Galicia.

Primeiro fixemos unha posta en común sobre cales eran os monumentos que  coñecíamos ou visitaramos algunha vez: entre outros saíron a Catedral de Santiago,  a Muralla de Lugo, a Torre de Hércules e os Castros de Santa Trega.

Despois divididos en grupos de catro buscamos información na aula de informática sobre os distintos monumentos.

A continuación elaboramos os  traballos, os cales antes de expor no corredor do cole, expuxemos aos  compañeiros e compañeiras de clase.


TRABALLAMOS COA MATERIA

En 4º de primaria para traballar o Tema da Materia os alumnos/as investigamos e buscamos información sobre: que é a materia, as súas propiedades, os seus estados, tipos de substancias e os cambios da materia.

Divididos en grupos de catro, buscamos información no libro de texto, tabletas e ordenadores.

Logo esa información puxémola en común, seleccionamos a mais  importante e comezamos a elaborar os nosos traballos.

Por último expuxemos aos compañeiros e compañeiras todo o aprendido durante a elaboración de dito traballo.


sábado, 18 de maio de 2024

OS ECOSISTEMAS DE 5º DE PRIMARIA

En 5º de Primaria realizamos distintos ecosistemas por equipos: Polo Norte, deserto, montaña, laguna e varios fondos mariños. 

Para eso fixemos:

  • Investigación da fauna e flora de cada ecosistema e as súas relacións.
  • Visionado de vídeos para a realización dos ecosistemas.
  • Decidir materias e ferramentas que se van a utilizar.
  • Planificar actividades que vai a realizar cada membro do equipo.
  • Realizar cada equipo a súa maqueta correspondente.
  • Exposición oral de cada ecosistema e a continuación realizar una exposición no noso corredor. 

SOMOS GRANDES ECOLOXISTAS

En 5º e 6º de Primaria plantamos na horta varios tipos leitugas, berzas, chícharos, pementos de Padrón e tomates.

En primeiro lugar buscamos por parellas como cultivar estas hortalizas e as súas características. Tamén temos os nosos semilleiros, os que observamos con moita atención e anotamos como evolucionan as plantas.

Despois elaboramos un Caderno de campo para anotar como preparamos a terra, sachamos, abonamos e plantamos .

Observamos que co plástico con que tapamos a terra as herbas non nacen e podemos regar moito mellor.

Realizamos una gráfica anotamos como van medrando a medida que pasan os días. Tamén anotamos cales necesitan máis auga.

venres, 17 de maio de 2024

EXPERIMENTAMOS COA MATERIA

 En 5º de primaria experimentamos coa materia facendo un biscoito. 

Aprendemos as propiedades de masa e volume, as súas utilidades, as unidades de medida, a súa medida e os instrumentos que se usan para medir. 

Primeiro medimos os sólidos coa balanza.

Logo medimos os líquidos con vasos medidores fabricados con probetas.

A continuación mesturamos todo e levámolo ao forno.

Por último redactamos no caderno de traballo cooperativo o proceso levado a cabo, as nosas conclusións e a autoavaliación. 

xoves, 16 de maio de 2024

EXPERIMENTANDO

En infantil este curso seguimos experimentando, pero engadimos dúas novidades: táboas de hipoteses e follas de rexistros.

REPRODUCIÓNS DE ESQUEMAS

As nenas e nenos de infantil divertímonos moito reproducindo patróns, tanto en plano como en 3D.


PEQUENOS ENXEÑEIROS

En infantil experimentamos coas construcións.
Cantos pisos somos capaces de construir sen que caia o edificio?
Aguantan máis os edificios finos ou os que teñen a base máis ancha?
Construímos para comprobalo.

xoves, 2 de maio de 2024

Happy World Book Day!

O martes pasado, 23 de abril, celebramos o día do libro con distintas actividades que tiveron lugar na nosa escola. 

Dende a materia de inglés organizamos unha votación do noso conto favorito, entre os contados en inglés durante o presente curso escolar.

 

Elaboramos e compartimos códigos QR, enlazados a eses videocontos, para escoitalos na casa.




Ao finalizar as votacións, toca reconto de votos. And the winner is... Os contos máis populares entre o noso alumnado son:

 

Felices Lecturas! Happy World Book Day!

venres, 22 de marzo de 2024

It's time for English!

Despedimos outro trimestre cunha pequenísima mostra do enorme traballo do noso alumnado.

A cativada de infantil encheu unha carpeta, que decorou de

 💮primavera.💮


Unha carpeta chea de creacións... as mellores? Os xogos!!

        
 
No día a día hai tempo para todo, para creatividade e para as rutinas diarias: o tempo, os nosos estados de ánimo...

   


E mesmo contar contos cartoneiros...

Primeiro e segundo de primaria escribiron postais de 🐰Pascua e Primavera🥀, cos seus mellores desexos!


  

 


E por último, pero non por iso menos importante... Terceiro!!! Estes grupos sempre teñen unha enorme responsabilidade: decorar o noso corredor. Neste caso, fixeron un mural de benvida a nova estación e pósters temáticos.


💮 Happy Spring!! 💮

xoves, 29 de febreiro de 2024

It's time for English!!!

Parece que foi onte cando comezaba o curso, pero o certo é que xa levamos meses rodando xuntos e dende entón fixemos moito... Aquí vos queremos mostrar unha pequena parte de tantísimas cousas que levamos feito...

En outubro traballamos contos de medo en inglés, o que nos levou a deseñar un mural que metía verdadeiro medo... O alumnado de 1º, 2º e 3º estivo ben aplicado!

Houbo Monstros con nome, Monstros de cor verde... Todos eles encheron un longo corredor... de cor e criaturas, cando menos curiosas. A todas elas, coma se dos nosos medos se tratara berrámoslle... Go Away!!! (Liscade!!!).

Deberon entender a nosa mensaxe... Liscaron e deron paso ao frío inverno!!! Afanámonos a facer cousas con neve, por todas partes e en todo tipo de materiais... Con moita ilusión de ver nevar....

Fixémoslle un mural...


E unha cidade nevada...

E ata postais con bonecos de neve!!!

Entre tanto traballo intenso chegou o Nadal, que.... non trouxo neve, pero trouxo as historias propias desta época do ano, que tamén inspiraron algún dos nosos traballos... Como a casiña do... Gingerbread man! Del pódevos falar a rapazada de 2º de primaria!

  

Se tiñamos ilusión por ver neve, non foi menos a ilusión por ver a Santa Claus!!! Antes de que o día chegase, elaboramos doorhangers, para as portas dos nosos cuartos. Tiñamos que facer todo o necesario por asegurarnos que parase nas nosas casas... E abofé que parou!!! Á volta das vacacións, boa parte do noso alumnado asegurou telo visto en mil sitios!!!
O alumnado de 1º encargouse dos doorhangers.


E coa volta á rutina, nun arbir e pechar de ollos... chegou o Entroido, que trouxo unha chea de ideas do máis divertidas, sempre!! O noso alumnado de seguro se caracteriza polo bo humor!!! 
Aquí unha mostra, dunha improvisación nunha clase de 3º.

Agora, preparámonos para a primavera... Non sabemos que nos deparará, pero de seguro que estaremos sempre argallando algo!! Xa volo amosaremos!!

See you soon!

venres, 2 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

 Di Cora que....

Esta semana de febreiro

o entroido é o primeiro.

Durante toda a semana, 

vén como che dea a gana,

un disfrace cada día cheo, 

de ledicia e alegría.

martes, 21 de novembro de 2023

1º E 2º PRIMARIA NO TEATRO

O martes 14 asistimos ao espectáculo musical VAIA RITMO das actividades escolares de AFUNDACIÓN, Obra Social ABANCA.

Concerto de ODAIKO que, a través da sorpresa e con moito humor, presenta diferentes elememtos de percusión que nos levaron a divertirnos un montón.

mércores, 1 de novembro de 2023

SAMAÍN 2023 EN 4º PRIMARIA

Os nenos e as nenas de 4º inventaron unhas historias terroríficas para contar no día de Samaín. 

mércores, 15 de febreiro de 2023

martes, 14 de febreiro de 2023

luns, 13 de febreiro de 2023

venres, 10 de febreiro de 2023

luns, 30 de xaneiro de 2023

2º PRIMARIA NO DÍA DA PAZ

 CONSTRUÍN UN MUNDO EN PAZ

PREME NA IMAXE

sábado, 1 de outubro de 2022