En terceiro de primaria traballamos sobre os monumentos máis importantes de Galicia.
Primeiro fixemos unha posta en común sobre cales eran os monumentos que coñecíamos ou visitaramos algunha vez: entre outros saíron a Catedral de Santiago, a Muralla de Lugo, a Torre de Hércules e os Castros de Santa Trega.
Despois divididos en grupos de catro buscamos información na aula de informática sobre os distintos monumentos.
A continuación elaboramos os traballos, os cales antes de expor no corredor do cole, expuxemos aos compañeiros e compañeiras de clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario